Amosando publicacións coa etiqueta limpeza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta limpeza. Amosar todas as publicacións

10/06/2015

Crónica da limpeza da praia de Oza co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos

bolseirxs OMA-UDC
Durante a pasada fin de semana (5, 6, 7 e 8 de xuño), máis de 40 entidades e máis de 500 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na 4ª Limpeza Simultánea de Praias. 


O pasado luns 8 de xuño, a Oficina de Medio Ambiente da UDC participou na IV edición da limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA; coincidindo coa celebración do día dos océanos e como forma de divulgación e denuncia da problemática que conleva o lixo mariño acumulado no noso litoral.




Para esta actividade reunímonos unha veintena de persoas de dentro e fora da universidade para limpar a praia de Oza. En total recolléronse uns 13 sacos cheos de lixo que estaba metido entre as rocas da praia.




O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais do planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.   


Todas as fotografías.
Crónica de ADEGA da actividade.

.
¡Moitas grazas a todos os voluntarios!


28/05/2015

A UDC únese a limpeza de praias

bolseirxs OMA-UDC
O vindeiro luns 8 de xuño, co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) colaborará coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de praias que se desenvolverá ao longo de toda a costa galega.








O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Cada ano preto de 7 toneladas de residuos, principalmente plásticos, rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que trascende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.


Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, a OMA convida a tódolos interesados a participar na limpeza da praia de Oza, unha playa urbana situada na cidade da Coruña. Aquí tedes a dirección.


O punto de encontro será a cafetería universitaria do Campus de Oza as 11h. En bus podes chegar fácilmente no 2A que che deixa en frente da cafetería. Senón tes o 17, 20, 22, 12 e 12A que deixa na rotonda, a 150m do punto de encontro.


Se estades interesados en participar nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo  oma3@udc.es co voso NOME+DNI.


Web de ADEGA con toda a información.










12/11/2014

Proxecto ríos 2014

bolseirxs OMA-UDC

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.


O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por 
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis 
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.






Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.



Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos
subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas. Asemade, recolleranse nunha
base de datos accesíbel na web Proxecto Ríos . Posteriormente os grupos que así o
desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha
medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.


Trátase dunha iniciativa que xorde en Cataluña en 1997 da man da Associació Hábitats. Logo de 11
anos de implantación, actualmente converteuse nunha iniciativa conxunta que se desenvolve de
forma paralela en cinco territorios máis: a Rede Hidrográfica do Júcar, a Comunidade Autónoma de
Madrid, Cantabria, El Bierzo – Laciana, Galiza e, fóra do Estado, en Portugal. Isto fai que hoxe día,
o Proxecto Ríos conte con máis de 1.400 grupos de voluntarios en toda a península ibérica.

O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar  (Campus de Elviña
), terá lugar a actividade. O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.

Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es

Outros anos:

29/05/2014

Restauración participativa no monte da Fraga

bolseirxs OMA-UDC

Continuamos coa restauración participativa do Monte da Fraga, nesta ocasión tivemos a visita dos participantes no programa actúa, este proxecto consistiu en presentar a mozos e mozas da Coruña diferentes asociacións onde participar en proxectos, unha destas asociacións foi ADEGA onde se presentou o proxecto de educación ambiental e voluntariado.

Na parte práctica, visitamos o proxecto de compostaxe comunitaria da facultade de filoloxía e o proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga. Nesta actividade, revisamos as árbores plantadas no pasado mes de marzo dentro do marco de una reforestación participativa. Puidemos facer un seguimento do estado dos carballos e das cerdeiras, tamén das plantas acuáticas da charca (todas variedades autóctonas) que foi construída e acondicionada polo voluntariado da OMA.

Non tiveron tanta sorte os loureiros plantados na parte superior da ladeira, lugar onde, polas características do terreo, hai escaseza de auga no chan. Sí foron capaces de prender os acivros plantados no mesmo lugar.

Destinamos esta xornada a labores de mantemento do Monte da Fraga; eliminamos rebrotes de eucalipto e retiramos a herba que creceu por riba da altura dos carballos, marcándoos para continuar co seguimento.


Se pertences a algunha asociación ou de xeito individual queredes participar nesta restauración, ben en labores de mantemento ou achegando algunha planta podes poñerte en contacto con nós para programar as actividades.









Unha vez máis moitas grazas a tod@s @s voluntari@s!



Podes atoparnos en:


Twitter: @OMA_UDC 

01/06/2012

A UDC únese a limpeza de praias

bolseirxs OMA-UDC
O vindeiro venres 8 de xuño, co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) colaborará coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de praias que se desenvolverá ao longo de toda a costa galega.
O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Cada ano preto de 7 toneladas de residuos, principalmente plásticos, rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que trascende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.

Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, a OMA convida a tódolos interesados a participar na limpeza dun dos areais da Costa Ártabra, a praia de Canide no concello de Oleiros. Velaquí tendes máis información.



Se estades interesados en participar nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo  oma.udc@hotmail.es. O punto de encontro será na praia de Canide ás 11:30 h. hai transporte público dende a estación de autobuses de A Coruña no seguinte horario: 7:30, 8:30, 10:00, 11:00, 12:00, 13:30.
De tódolos xeitos se precisades transporte ou queredes compartir o voso vehículo  poñédevos en contacto coa organización. Ás 11.00 faremos unha saida conxunta en vehículos propios dende a UDC e vos podedes unir tanto os nosos coches nos asentos que haxa libres(tedes que solicitalo por correo electrónico) como traendo o voso vehículo.

Número de contacto: 690315159 (Roberto)

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib