28/11/2021

Crónica: Roteiro interpretativo polo Monte da Fraga

bolseirxs OMA-UDC


Por Jaime Caamaño Díaz, Bolseiro de Green Campus, curso 2021-2022


O martes 9 de novembro de 2021 realizouse un roteiro interpretativo polo Monte da Fraga, dirixido pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).

A actividade foi guiada por Itziar Díaz e contou con 9 participantes. O punto de encontro foi a praza da Fraga, onde se realizou un pequeño resumo das explicacións que se farian durante o percorrido, ademais de amosar unhas fotografías do campus da Zapateira no ano 2006, cando a praza era un aparcadoiro de coches e o monte da Fraga un eucaliptal.


Itzar explica sobre o panel interpretativo da Praza da Fraga o percorrido da actividade


Todo o percorrido está sinalizado mediante balizas cun QR con información relativa aos traballos feitos no monte mais a biodiversidade que alí se pode atopar.

As primeiras paradas foron para ensinar os distintos proxectos de investigación da universidade, como un humidal para a depuración das augas residuais, e recoñecer as primeiras especies de árbores. Tamén se fixo unha comparación entre o eucaliptal e o bosque atlántico, e explicanronse as razóns pola que hai máis biodiversidade neste último.

As derradeiras paradas e explicacións orientáronse á visión do monte en conxunto e a súa localización no territorio, que conta cunha paisaxe privilexiada da cidade da Coruña e a súa costa. Aproveitouse esta parte do percorrido para divulgar as accións previstas a desenvolver no Monte da Fraga, tanto no relativo a actividades de sensibilización ambiental, como paisaxismo, mantemento ecolóxico e voluntariado.


O roteiro rematou no punto de partida cunha breve explicacion das áreas de compostaxe da UDC, que reciben os restos orgánicos dos comedores da universidade e conseguen a prevención dunhas 20 toneladas anuais de residuos.

  


As persoas asistentes atendendo ás explicación de Itziar na parada da baliza relacionada
 coa paisaxe do Monte da Fraga.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib