Oficina de Medio Ambiente

Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidade da Coruña

Demostración da metodoloxía de actuación sobre a Flora Exótica Invasora

Dentro do Programa de Plantas Exóticas Invasoras, este martes día 23 terá lugar a demostración da metodoloxía de actuación sobre estas especies.

Será a cargo do persoal de Desbromonte.com e PlantasInvasoras.org coa colaboración de Podas Galaecia.

Horario: de 12 a 15h.
Lugar: Monte da Fraga
Punto de encontro: na entrada da facultade de ciencias (campus da Zapateira).

A asistencia é libre pero con límite de prazas, impriscindible inscribirse en oma2@udc.gal (indicando nome e apelidos, NIF e actividade na que te inscribes).

ESPERÁMOSTE!!





Exposicións sobre enerxía solar en Ferrol

Xa que hoxe non foi posible que tivera lugar o I Encontro Solar en Ferrol debido a climatoloxía, inagurouse unha exposición sobre esta enerxía limpa e inesgotable.

Da man de ADEGA, está a esxposición "Enchufados ao sol", e da man de Juan Bello, "Aparellos para a cocina solar".

Ven e coñece como aproveitar esta enerxía e as súas posibilidades na cociña, a visita é libre!!

Lugar: Sala contigua ao Salón de actos da Vicerreitoría do campus de Esteiro (Ferrol)
Horario: de 9 a 14h e de 17 a 21h
Datas: dende hoxe, día 17, ata o día 31 de outubro.

ESPERÁMOSTE!! ☀️


Roteiro e Bioblitz no Monte da Fraga

O vindeiro domingo 21 de outubro do 2018 realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da UDC, Campus da Zapateira), un roteiro de divulgación ambiental, organizado pola OMA da man de G.N.Hábitat, empregando unha técnica chamada Bioblitz, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, da man de naturalistas expertos. Deste xeito, a cidadanía poderá observar a biodiversidade que contén a zona, poñendo así en valor os compoñentes ambientais da contorna.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 10:30-13:30hAsí e todo, para a participación é imprescindible a reserva de plaza (inscripción previa aquí).
As prazas son limitadasSeguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org 
Teléfono: 981 135 014
Anímate e ven connosco!

Plantas Exóticas Invasoras


As especies invasoras son organismos introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión, onde resultan daniños, sendo unha das principais causas de perda de biodiversidade no planeta.

Pero, que se pode facer con esta problemática?
Isto é o que nos vai contar Dominique Roux, responsable de DEBROMONTE.com e PLANTAS INVASORAS.org.

Se che interesa este tema ven á Conferencia de Especies Exóticas Invasoras (EEI): Xestión baseada no coñecemento das plantas.

Ø  Cando? O 18 de outubro, ás 12:30h
Ø  Onde? Salón de Actos da Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira)

A asistencia é libre, destinada tanto ao estudantado e persoal da UDC, persoal técnico de entidades de xestión de espazos verdes, e poboación en xeral.

E se te queres seguir a involucrar neste tema e queres poñelo en práctica, podes participar tamén nas seguintes actividades:
  •          23 de outubro : Demostración de metodoloxía de actuación sobre flora exótica invasora
  •          25 de outubro: Xornada de voluntariado no Monte da Fraga: Especies Exóticas Invasoras


Para participar nestas dúas actividades é necesario a inscripción no correo oma2@udc.gal, indicando nome e apelido, NIF e actividade na que te escribes.

Ademais, se es estudante de grao tes a posibilidade de recoñecer créditos participando nestas actividades, 1 crédito por cada 10h entre calquera das actividades da OMA.



Cambio no I Encontro Solar en Ferrol!


O evento queda cancelado por mala previsión do tempo. No seu lugar haberá:

Exposición sobre enerxía solar "Enchufados ao sol", da man de ADEGA, e "Aparellos para a cociña solar" da man de Juan Bello
Lugar: Sala contigua ao Salón de actos da Vicerreitoría do campus de Esteiro (Ferrol)

Achégate a coñecer como aproveitar esta enerxía limpa e inesgotable, e as súas posibilidades na cociña.

Visita libre, do 17 ao 31 de outubro en horario de 9 a 14 h e de 17 a 21 h


Comezamos  unha nova tempada de encontros solares na UDC! Esta vez, estrenámonos no campus de Esteiro en Ferrol o día 17 de outubro*, coincidindo no IV Mes de Outubro UDC Saudable.
*Celebración en función da climatoloxía: confirmación aquí o luns 15.

E qué é isto dos encontros solares?
É unha actividade promovida pola Oficina de Medio Ambiente, e organizada pola Asociación Ecoloxista ADEGA en colaboración con Juan Bello, especialista en cociña solar. Celebramos un xantar colectivo cociñando exclusivamente con fornos solares, aproveitando así esta enerxía limpa e renovable.

Bótalle un ollo a como foi nas pasadas edicións: Timelapse do V Encontro Solar, Crónica do V Encontro solar, Fotos,..

Gustaríanos  moito contar convosco para esta nova edición, para iso só hai que mandar un correo a oma2@udc.gal e indicar:
  • - se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo
  • - se xa tedes forno, ou se precisades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan!)

Tamén tedes a posibilidade de construír o voso propio forno cunha caixa de cartón, moi sinxelo e barato! Seguide ás instrucción en:

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta a casa.

Durante a xornada contaremos co asesoramento de expertos en cociña solar, especialmente para quen se estea iniciando no tema.

O programa completo da xornada será o seguinte:
11:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar.
17:00h  Recollemos.

Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós: oma2@udc.gal
VÉMONOS EN FERROL!


De novo, imos limpiar a praia de Bens.


Dentro da campaña de limpeza simultánea de praias que ADEGA está a levar adiante en todo o litoral galego, a Oficina de medio Ambiente da UDC, ADEGA e Mar de Fábula limparán, unha vez máis, a cala de Bens. Será o venres 19 de outubro.

O obxectivo que nos move é chegar a recuperar a praia de Bens para o disfrute da cidadanía, non para que sirva, como até agora, como sumidoiro infecto do lixo das industrias e vertedeiros asentados na sua contorna.

O tan traído e levado concepto de crecemento económico sustentable salta polos aires nesta zona industrial da Coruña, cando estamos a agredir o medio ambiente e degradar desta forma o espazo común de toda a veciñanza desta cidade.

Xa que logo, facemos un chamamento a todas as persoas dispostas a colaborar neste proxecto: Atallar na súa orixe a contaminación ambiental que está a padecer a fermosa cala de Bens.

Contaremos co soporte loxístico da Concellería de Medio Ambiente do concello da Coruña.
  • Hora e lugar de encontro: Venres 19 de outubro ás 11:00 horas, no aparcadoiro da praia de Bens.
  • Inscricións en oma2@udc.gal (Asunto: limpeza praias. Indicando: nome e apelidos, NIF e correo-e de contacto)
Para mais información:
  • Mar de Fábula: 608 609 042
  • ADEGA: 981 570 099
  • OMA: 981 167 000 Ext.5626


Crónica da XI Limpeza Simultánea de Ríos



O pasado fin de semana tivo lugar a XI Limpeza Simultánea de Ríos na que participaron máis de 500 persoas que recolleron máis de 6 toneladas de lixo en 30 ríos do país.

O  venres 28 de setembro, a OMA da UDC encargouse da recollida de lixo no río Lagar ao seu paso polo Campus de Elviña. Arredor de 20 voluntarias e voluntarios déronse cita na rotonda do Campus ás 11 da mañá e percorreron a beira do río ata o lavadoiro de Elviña durante dúas horas e media, recollendo uns 100 kg de lixo aproximadamente. Aínda que a zona estaba mais ou menos limpa a simple vista, retiráronse residuos de abondo, a maioría deles de envases lixeiros, pero atopando tamén outros tipos como restos de vehículos e de materiais de construción.



Nunha próxima convocatoria incluída no Proxecto Ríos, prevista para o vindeiro 24 de outubro (convocatoria aberta á participación, anunciarase na web da OMA), farase a inspección deste treito do río Lagar, onde se tomarán datos da calidade físico-química e biolóxica da auga do río mediante o uso de indicadores como o pH, O2 disolto, diversidade de macroinvertebrados, bosque de riebeira, entre outros.




Benvidos/as ao novo curso!

Como cada ano, a Oficina de Medio Ambiente estará presente este curso académico 2018/19 na universidade da Coruña. Co obxectivo de ambientalizar os campus, este curso estará cheo de actividades abertas tanto ao alumnado da UDC coma ao resto de persoas.

Xa no pasado mes de septembro fixéronse varias actividades coma a Xuntanza de Benvida ao Alumnado á UDC o día 27, onde estiveron presentes diversas asociacións da universidade. Alí a OMA encargouse de darse a coñecer entre o novo alumnado, ofrecendo información dos diferentes eidos de traballo: biodiversidade, residuos e compostaxe, voluntariado ambiental... (mais info en http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/). Nesta xornada tamén se fixo unha demostración de cociña solar, compartindo os petiscos entre as persoas asistentes, e un obradoiro de reutilización de papel co lema "2 caras, 2 usos" co obxectivo de darlle uso ás segundas caras dos folios que fican en branco.

Neste mes de outubro algunhas da actividades organizadas pola OMA serán as seguintes:
  • Día 17: Encontro Solar en Ferrol 
  • Día 18: Conferencia Plantas Exóticas Invasoras: xestión baseada no coñecemento das plantas
  • Día 19: Limpeza da Praia de Bens
  • Día 21: Bioblitz, descuberta da biodiversidade no Monte da Fraga
  • Dia 23: Demostración de metodoloxías de actuación sobre flora exótica invasora
  • Día 24: Proxecto Ríos no río Lagar
  • Día 25: Campamento de voluntariado para a eliminación das especies invasoras no Monte da Fraga.
Todas as actividades divulgaranse nas redes da OMA:

      - Web: http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/
      - Blogue: http://medioambienteudc.blogspot.com/
      - Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC
      - Twitter: @OMA_UDC

Para máis información, mandade un correo a oma2@udc.es.

Vémonos nas actividades!

VI ENCONTRO SOLAR 21 DE XUÑO


VI ENCONTRO SOLAR OMA-UDC
Aparcamento Xoana Capdevielle, Elviña.

Inscripción necesaria neste correo

21 de xuño 2018
__________________________________________________________________________________________

Por fin! despois de varios aprazamentos, xa podemos celebrar o VI Encontro Solar. 

O día escollido é o 21 de xuño, coincidindo co Solsticio de verán, día en que se celebra tamén o Día do Sol no hemisferio norte. 

Gustaríanos moito contar convosco para esta celebración, que todos os anos festexamos cun xantar colectivo, no que xuntamos preto dun cento de cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados, riquísimos!

Como foi nas pasadas edicións?:
Bótalle unha ollada ao Timelapse do V Encontro SolarCrónica do V Encontro solarFotos de outras edicións...

Para participar só tes que anotarte no correo oma2@udc.gal e indicar:

- se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo.
- se xa tedes forno, ou se precisariades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan...!)
- tamén podedes construir o voso propio forno! con unha caixa de cartón, moi sinxelo e aínda mais barato!
sigue as instrucións en: 
http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf
http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpsomeso/node/770

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta á casa.

Na xornada tamén se fará unha visita guiada ao CITIC, un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta. Será unha visita guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC. Inscricións e Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Encontro Solar.

Durante a xornada contaremos co asesoramento de Juan Bello, experto en cociña solar, especialmente para quen se estea iniciando no tema.

programa completo da xornada será o seguinte:

10:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar.
16:30h  Recollemos.

E para quedar convencidas, convidámosvos a partir das 13:30h aos petiscos que vaian saindo dos fornos!!

Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós.

CELEBRA O SOLSTICIO DE VERÁN APOIANDO AS ENERXÍAS RENOVÁBEIS!!

Obradoiros de Pegada ecolóxica, TIC e ecoauditorías

Obradoiros de Pegada ecolóxica, TIC e ecoauditorías

Hoxe comeza a última quenda de obradoiros de sustentabilidade. Achegádevos!! (inscricións en oma2@udc.gal)

Incluídos no Proxecto UDC + Fundación Alcoa: Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio

Inscricións: oma2@udc.gal 

Programación

Día 12, de 16 a 17:30 h. Uso sostible das TIC e ferramentas para a xeoreferencia participativa (Aconsellable asistencia con ordenador portátil)
Día 12, de 18 a 19:30 h. A pegada ecolóxica e hídrica. Mapas de contaminación acústica (+4 h de traballo autónomo)
Día 13, de 16 a 18 h. Reciclaxe: Recollida separada residuos. Obradoiro de compostaxe (+3 h de traballo autónomo)
Día 14, de 16 a 18 h. Auditoría da auga e da enerxía na casa e no centro (+4 h de traballo autónomo)
Recoñecemento de créditos
2 créditos polo obradoiro completo, con posibilidade de participación parcial e combinación con outras actividades do proxecto “Educando para a sustentabilidade”

Participa axudando a facer da UDC un lugar máis sustentable!