29/05/2014

Restauración participativa no monte da Fraga

bolseirxs OMA-UDC

Continuamos coa restauración participativa do Monte da Fraga, nesta ocasión tivemos a visita dos participantes no programa actúa, este proxecto consistiu en presentar a mozos e mozas da Coruña diferentes asociacións onde participar en proxectos, unha destas asociacións foi ADEGA onde se presentou o proxecto de educación ambiental e voluntariado.

Na parte práctica, visitamos o proxecto de compostaxe comunitaria da facultade de filoloxía e o proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga. Nesta actividade, revisamos as árbores plantadas no pasado mes de marzo dentro do marco de una reforestación participativa. Puidemos facer un seguimento do estado dos carballos e das cerdeiras, tamén das plantas acuáticas da charca (todas variedades autóctonas) que foi construída e acondicionada polo voluntariado da OMA.

Non tiveron tanta sorte os loureiros plantados na parte superior da ladeira, lugar onde, polas características do terreo, hai escaseza de auga no chan. Sí foron capaces de prender os acivros plantados no mesmo lugar.

Destinamos esta xornada a labores de mantemento do Monte da Fraga; eliminamos rebrotes de eucalipto e retiramos a herba que creceu por riba da altura dos carballos, marcándoos para continuar co seguimento.


Se pertences a algunha asociación ou de xeito individual queredes participar nesta restauración, ben en labores de mantemento ou achegando algunha planta podes poñerte en contacto con nós para programar as actividades.









Unha vez máis moitas grazas a tod@s @s voluntari@s!



Podes atoparnos en:


Twitter: @OMA_UDC 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib