Amosando publicacións coa etiqueta ADEGA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ADEGA. Amosar todas as publicacións

10/06/2015

Crónica da limpeza da praia de Oza co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos

bolseirxs OMA-UDC
Durante a pasada fin de semana (5, 6, 7 e 8 de xuño), máis de 40 entidades e máis de 500 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na 4ª Limpeza Simultánea de Praias. 


O pasado luns 8 de xuño, a Oficina de Medio Ambiente da UDC participou na IV edición da limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA; coincidindo coa celebración do día dos océanos e como forma de divulgación e denuncia da problemática que conleva o lixo mariño acumulado no noso litoral.




Para esta actividade reunímonos unha veintena de persoas de dentro e fora da universidade para limpar a praia de Oza. En total recolléronse uns 13 sacos cheos de lixo que estaba metido entre as rocas da praia.




O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais do planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.   


Todas as fotografías.
Crónica de ADEGA da actividade.

.
¡Moitas grazas a todos os voluntarios!


01/06/2015

Crónica do III Encontro Solar na UDC

bolseirxs OMA-UDC
Este III Encontro Solar pretendía ser un espazo para divulgar as vantaxes das enerxías renovábeis, concretamente da enerxía solar, e a factibilidade do seu aproveitamento.

A xornada comezou ás 10:30 da mañá no aparcadoiro do edificio Xoana Capdevielle, no campus de Elviña, coa montaxe das carpas, que usamos primeiro para preparar a comida e posteriomente para o xantar.
Montouse tamén a exposición solar, diferentes trebellos como xoguetes, cargador de móbil solar, lanterna solar, sinxelos quentadores de auga  e puidemos escoitar como música de fondo a radio que se alimentaba através dunha placa solar. 

Instaláronse para prepararar os xantares 7 cociñas parabólicas, máis de trinta fornos feitos artesanalmente con caixas de cartón e papel de alumino, cociñas tipo funil, unha barbacoa e algún forno solar comercial. Os trebellos artesanais foron construídos polo alunado dun obradoiro impartido por Juan Bello, profesor do CIFP Someso da Coruña na UDC o pasado mes de abril.
Entre as 11:30h e as 12:·30h fomos metendo a comida nas cociñas e fornos e sobre as 14:30h coas viandas xa listas comezamos o xantar. 
Os pratos que puidemos degustar foron: Callos, peixe, pasta, arroz, tomates recheos, polbo con cachelos, filetes de polo, lasaña, gambas, broqueta de carne, quiche, pizza, revolto con ovos, guiso… E postres como biscoito, bolachas, mazás asadas, compota de mazá… Unha vez rematada a sobremesa comezamos a recoller e lavar a louza.

Animámos á xente que aproveite o verán para cociñar co sol é sinxelo, é barato e estamos usando unha enerxía limpa e inesgotábel. Se estades interesados/as en facer un forno podedes consultar a seguinte webhttp://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770

Ao longo da xornada tamén tivemos oportunidade de visitar unha instalación fotovoltaica na UDC concretamente na cuberta do CITIC. Jesus Manuel Giz (técnico superior de Mantementos da UDC) guiou unha visita á cuberta solar onte nos falou do funcionamento e os seus resultados enerxéticos. Tamén foron expostas as reformas levadas a cabo nalgúns centros para facilitar o aforro enerxético.

Dende a Oficina de Medio Ambiente da UDC e ADEGA queremos agradecer unha vez máis a colaboración de Juan Bello do CIFP Someso (alumn@s e familia), a o noso persoal bolseiro, @ voluntari@s de ADEGA, a participación do C.P.I  Viaño Pequeno de Trazo, a Jesús Giz e a todas e todos os que pasachedes polo encontro.

Agardamos vervos o próximo ano para cociñarmos xuntos/as co Sol no IV Encontro Solar!

Ligazóns

28/05/2015

A UDC únese a limpeza de praias

bolseirxs OMA-UDC
O vindeiro luns 8 de xuño, co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) colaborará coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de praias que se desenvolverá ao longo de toda a costa galega.








O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Cada ano preto de 7 toneladas de residuos, principalmente plásticos, rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que trascende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.


Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, a OMA convida a tódolos interesados a participar na limpeza da praia de Oza, unha playa urbana situada na cidade da Coruña. Aquí tedes a dirección.


O punto de encontro será a cafetería universitaria do Campus de Oza as 11h. En bus podes chegar fácilmente no 2A que che deixa en frente da cafetería. Senón tes o 17, 20, 22, 12 e 12A que deixa na rotonda, a 150m do punto de encontro.


Se estades interesados en participar nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo  oma3@udc.es co voso NOME+DNI.


Web de ADEGA con toda a información.










22/05/2015

III ENCONTRO SOLAR NA UDC. Ven a cociñar co sol!!

bolseirxs OMA-UDC
O próximo 27 de maio a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), ADEGA e coa colaboración do C.I.F.P de Someso celebraremos o III ENCONTRO SOLAR na UDC.

Se queres vir probar unha tapa degustación solar ven a buscar o teu convite á mesa da OMA durante o encontro solar (antes das dúas).






O 27 de maio xuntaremos o maior número posible de fornos e cociñas solares en Elviña (diante do edificio Xoana Capdevielle), para cociñar e facer unha degustación de comida solar.
Se xa eres cociñeir@ solar convidámoste a que veñas a cociñar con nós e traias a túa mellor receita solar para partillar. Se non tes cociña e queres experimentar podémoste prestar unha.


Se queres aprender a cociñar co sol, podes construír o teu forno solar seguindo estas instrucións http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770  e vir a cociñar con nós!!

Para organizar mellor a xornada pedímosche que cubras o seguinte formularioPrevia inscrición, terás opción a participar nas visitas programadas.  Se tes calquera duda podes enviarnos correo a oma3@udc.es.


A programación da edición 2015 será:

  • 10:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición. Comezamos a cociñar.

  • 11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas.

  • 11:30 h Visita a cuberta fotovoltaica do CITIC guiada por  Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC). O punto de encontro será a mesa da OMA no encontro solar.

  • 14:30h Xantar colectivo* e degustación de comida solar.

  • 16h Recollemos


*Para participar no xantar é imprescindible anotarse e cociñar.
**Ao longo de toda a xornada haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar.








Máis información:

04/05/2015

Crónica da “Plantación de aromáticas 2015"

bolseirxs OMA-UDC
O pasado 29 de Abril, un grupo de voluntariado ambiental realizaron un achegamento ó mundo das plantas aromáticas na Facultade de Ciencias.




A Xornada de identificación e cultivo de plantas aromáticas comezou cunha charla a cargo de Javier Cremades, profesor na UDC e doutor en Botánica. Esta charla contou coa presenza dun público variado tanto de voluntariado coma de outros Mestres da facultade.





Tra-lo remate da charla o grupo dirixiuse ó Monte da Fraga, no que dende hai anos se realiza unha restauración participativa. Alí distribuíuse o material de traballo por parte da Oficina de Medio Ambiente da UDC e da asociación ecoloxista ADEGA e explicouse sobre o terreo as propiedades das plantas elixidas e como debían ser cultivadas e coidadas.

Tras unas horas de traballo todas as plantas aromáticas foron plantadas na ladeira do monte, xunto con outros proxectos da Oficina coma a plantación de acivros e de cerdeiras. Agora están visibles para toda a comunidade universitaria.









Dende a oficina de Medio Ambiente agradécese o bo traballo dos case vinte voluntarios que quixeron botar unha man nestas actividades. Grazas a todos e todas.

Todas as fotografías aquí

27/04/2015

Proxección e coloquio do documental "Tesouro de Corcoesto"

bolseirxs OMA-UDC
O documental, que trata o conflito en torno á mina de ouro en Corcoesto, presentarase o día 4 de maio no salón de actos na Facultade de Socioloxia e Ciencias da Comunicación no Campus de Elviña as 19h. A proxección irá acompañada dunha presentación e coloquio a cargo da súa directora, Cora Peña.


Tesouro de Corcoesto trata do conflito xurdido en torno ao proxecto de mina de ouro en Corcoesto, un caso que convulsionou á sociedade galega e que colocou a esta pequeña localidade bergatiñán no mapa mundial de loitas ambientais.


O documental formula unha ampla investigación, que abrangue temas técnicos, empresariais, económicos e sociais, deténdose, especialmente, nun activismo cidadán que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Polo menos, de momento.

Este documental é unha produción independente, respaldada polo micromecenado de 180 persoas e colectivos a través do crowdfunding.


Para unha mellor organización pregamos que a quen este interesado en asistir a proxección nos mande un correo a oma3@udc.es co seu nome e DNI.




22/04/2015

Crónica do curso de compostaxe en Oza

bolseirxs OMA-UDC
O luns 20 de abril tivo lugar no campus de Oza o curso de formación sobre a compostaxe.

O obxectivo deste curso é capacitar tanto ao persoal bolseiro como ao resto da comunidade universitaria para xestionar os restos orgánicos mediante a compostaxe. Ademais da necesidade de concienciar sobre o coidado do medio ambiente. A Oficina de Medio Ambiente da UDC instalou un composteiro comunitario neste campus que é xestionado por persoal bolseiro e de ADEGA (Asoc. Para a defensa ecolóxica de Galiza), o persoal do comedor deposita os restos orgánicos para convertelos en compost.





Hoxe, Día da Terra e ano mundial dos solos dende a Oficina de Medio Ambiente vemos mais que nunca a necesidade de compostar os restos orgánicos para devolverlle nutrintes ao solo en forma de compost. Pechamos o ciclo da materia orgánica e evitamos a contaminación por fertilizantes químicos. O compost obtido dos residuos do comedor usarase no propio campus ou nas hortas comunitarias.

A xornada comezou cunha charla de María R. Lafuente (coordinadora dos programas de compostaxe de ADEGA). primeiro unha introdución á xestión de residuos na Galiza e a necesidade de compostar os restos orgánicos para aumentar a taxa de reciclaxe. Logo nocións básicas sobre a compostaxe e como compostar os residuos orgánicos na casa. Coidados do composteiro, que botamos, como facemos e resolución de dúbidas de asistentes xa iniciados na arte da compostaxe.







Para finalizar fixemos unha demostración práctica no composteiro comunitario recen instalado no Campus de Oza. Comprobamos que a masa de residuos do composteiro xa está fermentando, que a humidade e a mestura de materiais era a correcta e por ultimo fíxose unha demostración do uso do composteiro; botamos os residuos xerados ese día na cafetería, un volume de 45L aproximadamente, aireamos e engadimos estruturante.

Esta acción tivo unha curta duración de tempo e esforzo, trátase dun proceso sinxelo e factible para realizar en calquera momento do día.

Para rematar fíxose entrega duns manuais de compostaxe aos partícipes e asistentes a este curso. A asistencia ao curso foi moi heteroxénea principalmente de persoas que xa se iniciaran na compostaxe e querían mellorar, persoas que querían comezar e buscaban información e persoas interesadas na xestión de residuos.

Esperamos que aprenderades e pasarades un bo anaco con esta actividade como nós o fixemos, pero isto non acaba aquí, esta semana instalaremos un novo composteiro no Campus de Elviña, neste caso para os restos orgánicos do comedor de Ciencias da Educación.


Web Adega : http://adega.gal/web/novas.php?id=333&idioma=gl&sec=9

20/04/2015

Ven a facer un xardín de plantas aromáticas

bolseirxs OMA-UDC

O próximo día 29 de Abril a Oficina de Medio Ambiente da UDC e a Asociación ecoloxista ADEGA organizamos unha xornada sobre as plantas aromáticasA actividade enmarcase no proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga e desta volta faremos unha plantación de aromáticas. 




Aproveitaremos esta actividade para o coñecemento de diferentes especies de plantas aromáticas, así como o seu cultivo e coidados. Comezaremos cunha charla impartida por Javier Cremades Ugarte profesor da UDC e doutor en Farmacia, Botánica e Bioloxía Vexetal. 


Terá lugar ás 17:00h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias
Despois da charla pasarase á parte práctica que consistirá na plantación de aromáticas na ladeira do Monte da Fraga, entre outras ourego, lavanda, melisa, xarxa, etc.


Como xa apuntamos este é un proxecto participativo, polo que se tes plantas aromáticas na túa casa e queres doar algunha para a restauración do Monte da Fraga podes traela e a plantaremos. Outras doazóns foron os acivros en febreiro e as cerdeiras o ano pasado.


A duración da actividade será de aproximadamente dúas horas.



Animádevos a participar!


Inscricións no correo oma3@udc.es. (Enviade nome máis DNI)
Límite de prazas: 20 persoas
Máis información:
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”

Twitter: @OMA_UDC

14/04/2015

III ENCONTRO SOLAR NA UDC. Ven a cociñar co sol!! (CANCELADO)

bolseirxs OMA-UDC
Debio o tempo foi cancelado. Próximamente nova fecha. 

Desculpen as molestias.

O próximo 22 de abril a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), ADEGA e coa colaboración do C.I.F.P de Someso celebraremos o día da Terra organizando o III ENCONTRO SOLAR  na UDC.




O Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

O 22 de abril (sempre que o tempo o permita) xuntaremos o maior número posible de fornos e cociñas solares en Elviña (diante da Facultade de Socioloxía e CC. da Comunicación e fronte ao Estadio), para cociñar e facer unha degustación de comida solar.
Se xa eres cociñeir@ solar convidámoste a que veñas a cociñar con nos e traias a túa mellor receita solar para partillar.

Se queres aprender a cociñar co sol, podes construír o teu forno solar seguindo estas instrucións  http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770  e vir a cociñar con nós!!
Para organizar mellor a xornada pedímosche que cubras o seguinte formulario. Previa inscrición, terás opción a participar nas visitas programadas.  Se tes calquera duda podes enviarnos correo a oma3@udc.es.


A programación da edición 2015 será:

  • 10:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición. Comezamos a cociñar.

  • 11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas.

  • 11:30 h Visita a cuberta fotovoltaica do CITIC guiada por  Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC). O punto de encontro será a mesa da OMA no encontro solar.

  • 12:30h visita ao modulo bioclimático no C.I.F.P de Someso guiada por Juan Bello (Prof.  de edificación e obra civil) O punto de encontro será a mesa da OMA no encontro solar.

  • 14:30h Xantar colectivo* e degustación de comida solar.

  • 16h Recollemos


*Para participar no xantar é imprescindible anotarse e cociñar.
**Ao longo de toda a xornada haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar.

Máis información:





Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib