01/06/2012

A UDC únese a limpeza de praias

bolseirxs OMA-UDC
O vindeiro venres 8 de xuño, co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) colaborará coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de praias que se desenvolverá ao longo de toda a costa galega.
O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Cada ano preto de 7 toneladas de residuos, principalmente plásticos, rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que trascende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.

Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, a OMA convida a tódolos interesados a participar na limpeza dun dos areais da Costa Ártabra, a praia de Canide no concello de Oleiros. Velaquí tendes máis información.



Se estades interesados en participar nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo  oma.udc@hotmail.es. O punto de encontro será na praia de Canide ás 11:30 h. hai transporte público dende a estación de autobuses de A Coruña no seguinte horario: 7:30, 8:30, 10:00, 11:00, 12:00, 13:30.
De tódolos xeitos se precisades transporte ou queredes compartir o voso vehículo  poñédevos en contacto coa organización. Ás 11.00 faremos unha saida conxunta en vehículos propios dende a UDC e vos podedes unir tanto os nosos coches nos asentos que haxa libres(tedes que solicitalo por correo electrónico) como traendo o voso vehículo.

Número de contacto: 690315159 (Roberto)

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib