12/11/2014

Proxecto ríos 2014

bolseirxs OMA-UDC

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.


O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por 
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis 
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.






Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.



Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos
subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas. Asemade, recolleranse nunha
base de datos accesíbel na web Proxecto Ríos . Posteriormente os grupos que así o
desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha
medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.


Trátase dunha iniciativa que xorde en Cataluña en 1997 da man da Associació Hábitats. Logo de 11
anos de implantación, actualmente converteuse nunha iniciativa conxunta que se desenvolve de
forma paralela en cinco territorios máis: a Rede Hidrográfica do Júcar, a Comunidade Autónoma de
Madrid, Cantabria, El Bierzo – Laciana, Galiza e, fóra do Estado, en Portugal. Isto fai que hoxe día,
o Proxecto Ríos conte con máis de 1.400 grupos de voluntarios en toda a península ibérica.

O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar  (Campus de Elviña
), terá lugar a actividade. O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.

Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es

Outros anos:

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib