Este III Encontro Solar pretendía ser un espazo para divulgar as vantaxes das enerxías renovábeis, concretamente da enerxía solar, e a factibilidade do seu aproveitamento.
A xornada comezou ás 10:30 da mañá no aparcadoiro do edificio Xoana Capdevielle, no campus de Elviña, coa montaxe das carpas, que usamos primeiro para preparar a comida e posteriomente para o xantar.
Montouse tamén a exposición solar, diferentes trebellos como xoguetes, cargador de móbil solar, lanterna solar, sinxelos quentadores de auga e puidemos escoitar como música de fondo a radio que se alimentaba através dunha placa solar.
Instaláronse para prepararar os xantares 7 cociñas parabólicas, máis de trinta fornos feitos artesanalmente con caixas de cartón e papel de alumino, cociñas tipo funil, unha barbacoa e algún forno solar comercial. Os trebellos artesanais foron construídos polo alunado dun obradoiro impartido por Juan Bello, profesor do CIFP Someso da Coruña na UDC o pasado mes de abril.

Entre as 11:30h e as 12:·30h fomos metendo a comida nas cociñas e fornos e sobre as 14:30h coas viandas xa listas comezamos o xantar.
Os pratos que puidemos degustar foron: Callos, peixe, pasta, arroz, tomates recheos, polbo con cachelos, filetes de polo, lasaña, gambas, broqueta de carne, quiche, pizza, revolto con ovos, guiso… E postres como biscoito, bolachas, mazás asadas, compota de mazá… Unha vez rematada a sobremesa comezamos a recoller e lavar a louza.
Animámos á xente que aproveite o verán para cociñar co sol é sinxelo, é barato e estamos usando unha enerxía limpa e inesgotábel. Se estades interesados/as en facer un forno podedes consultar a seguinte webhttp://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770
Ao longo da xornada tamén tivemos oportunidade de visitar unha instalación fotovoltaica na UDC concretamente na cuberta do CITIC. Jesus Manuel Giz (técnico superior de Mantementos da UDC) guiou unha visita á cuberta solar onte nos falou do funcionamento e os seus resultados enerxéticos. Tamén foron expostas as reformas levadas a cabo nalgúns centros para facilitar o aforro enerxético.
Dende a Oficina de Medio Ambiente da UDC e ADEGA queremos agradecer unha vez máis a colaboración de Juan Bello do CIFP Someso (alumn@s e familia), a o noso persoal bolseiro, @ voluntari@s de ADEGA, a participación do C.P.I Viaño Pequeno de Trazo, a Jesús Giz e a todas e todos os que pasachedes polo encontro.
Agardamos vervos o próximo ano para cociñarmos xuntos/as co Sol no IV Encontro Solar!

0 comentarios:
Publicar un comentario