O próximo 27 de maio a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), ADEGA e coa colaboración do C.I.F.P de Someso celebraremos o III ENCONTRO SOLAR na UDC.
Se queres vir probar unha tapa degustación solar ven a buscar o teu convite á mesa da OMA durante o encontro solar (antes das dúas).
O 27 de maio xuntaremos o maior número posible de fornos e cociñas solares en Elviña (diante do edificio Xoana Capdevielle), para cociñar e facer unha degustación de comida solar.
Se xa eres cociñeir@ solar convidámoste a que veñas a cociñar con nós e traias a túa mellor receita solar para partillar. Se non tes cociña e queres experimentar podémoste prestar unha.
Se queres aprender a cociñar co sol, podes construír o teu forno solar seguindo estas instrucións http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770 e vir a cociñar con nós!!
Para organizar mellor a xornada pedímosche que cubras o seguinte formulario. Previa inscrición, terás opción a participar nas visitas programadas. Se tes calquera duda podes enviarnos correo a oma3@udc.es.
A programación da edición 2015 será:
- 10:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición. Comezamos a cociñar.
- 11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
- 11:30 h Visita a cuberta fotovoltaica do CITIC guiada por Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC). O punto de encontro será a mesa da OMA no encontro solar.
- 14:30h Xantar colectivo* e degustación de comida solar.
- 16h Recollemos
*Para participar no xantar é imprescindible anotarse e cociñar.
Máis información:
0 comentarios:
Publicar un comentario