EDUCANDO PARA A SUSTENTABILIDADE
Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio
Entre marzo e xuño deste curso 2018 teremos a oportunidade de participar en diversas actividades contidas neste curso multidisciplinar, que se desenvolverá en diferentes centros da UDC.
Distribuído en tres eixos temáticos: Conferencias e debates, Obradoiros e Manchando as mans, o alumnado poderá escoller as actividades, os horarios e lugares de asistencia, para obter ao remate un certificado de asistencia e aproveitamento da UDC. Tamén se contempla a posibilidade de recoñecemento de créditos para os estudantes de grado da UDC.
O ciclo de conferencias está composto por diferentes temáticas de actualidade con poñentes expertos no tema a desenvolver: Cambio climático, Educación para a sustentabilidade, Residuos urbanos, Recursos mineiros, Plásticos e microplásticos, Auga e sustentabilidade…: Programación completa.
A primeira, o día 6 de marzo: Cambio climático: un desafío global e local, por Emilio Fernández Suárez, da Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.
O bloque de Obradoiros distribuirase en 4 áreas temáticas:
1. A pegada ecolóxica. A pegada da auga. A contaminación acústica.
2. Uso sostible das TIC e ferramentas para a xeoreferencia participativa.
3. Auditoría da auga e auditoría de enerxía na casa e no centro.
4. Reciclaxe: Recollida separada residuos. Obradoiro de compostaxe.
Estas temáticas desenvolveranse nunha convocatoria de fin de semana no CUR, e tamén pola semana na Facultade de Ciencias da Educación (Elviña) e na Facultade de Ciencias (A Zapateira), como seguen:
- CUR (Riazor, en fin de semana) // Sábados 10 e 17 de marzo
- Facultade de Ciencias da Educación (Elviña) // Os martes de 11:30-14h: 20 de marzo e 3, 10 e 24 de abril.
- Facultade de Ciencias (A Zapateira)// Días 12-13-14 de xuño de 16 a 19:30 h
Toda a información e inscricións aqui, a participación é gratuíta, con inscrición previa e prazas limitadas.
O terceiro bloque do curso está composto por unha serie de actividades, co nome de Manchando as mans, poderase participar na Inspección de ríos, Limpeza de praias, Construción de fornos solares e tamén cociña no Encontro Solar, Visita á planta de residuos de Nostián... Toda a información, datas e inscricións aqui, a participación é gratuíta, con inscrición previa e prazas limitadas.
Consulta a ligazón do curso, infórmate por correo en oma2@udc.es, ou por teléfono no 981 167 000 Ext. 5626.
Anímate a participar e formarte na UDC sobre a sustentabilidade social e ambiental, temas de actualidade que nos afectan a toda a comunidade universitaria
0 comentarios:
Publicar un comentario