Na Coruña, o proxecto Mulleres Colleiteiras recolle o aceite en 65 contedores da cidade, dous deles na UDC: Facultade de Ciencias da Educación (C. Elviña) e EUAT (C. A Zapateira). No seu blogue pódese consultar os puntos de recollida, que ademais tamén se atopan en Arteixo, Cerceda e outros puntos de Oleiros, Ferrol, Cambre.
E tamén podes fabricar o teu propio xabón. O aceite usado pode ser de calquera tipo: oliva, xirasol... o único que se precisa é coalo para quitarlle as impurezas das frituras.
Por iso, o próximo xoves 11 de abril, de 12 a 14h faremos un obradoiro para aprender a elaborar o noso propio xabón con aceite usado.
Lugar: Laboratorio 3, Andar -1. Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT), Campus A Zapateira
Prazas limitadas, imprescindíbel inscrición na seguinte ligazón:
Mais info: oma2@udc.gal
Material necesario: 200 mL de aceite usado/persoa.
Trae o teu aceite usado e despois do proceso poderás levar as pastillas de xabón elaboradas para a casa!!
0 comentarios:
Publicar un comentario