SEGUNDA PARTE DE "EDUCANDO PARA A SUSTENTABILIDADE!
Este martes comezamos un novo ciclo coa construcción de fornos solares, impartida por Juan Bello. De 11 as 13, no pabellón de estudantes de Elviña, iremosvos guiando paso a paso para que fagades o voso propio forno! A segunda e derradeira clase impartirase o 10 de abril.
Para esta actividade necesitamos que traigades os materiais que xa vos comunicaremos (tranquilos, nada que sexa dificil de conseguir) e que vos inscribades en oma2@udc.es
O mércores 21, as 12:30, Soledad Muniategui (UDC) e Alfredo López (CEMMA) darán unha charla sobre o lixo plástico que se atopa no mar e que dana os ecosistemas, no salón de actos do CUR.
O xoves 22, as 12:45, Francisco Díaz Fierros, catedrático da USC, estará na escola técnica de camiños, canais e portos para falar de auga e da súa sostentabilidade no contexto de cambios no que nos atopamos.
Contamos con vós!
0 comentarios:
Publicar un comentario