Crónica do mapeo de especies invasoras
bolseirxs OMA-UDC
11:05
Por Sara Vispalia, bolseira da Oficina de Medio Ambiente da UDC
O pasado xoves 3 tivo lugar unha actividade de mapeo de especies invasoras no Monte da Fraga (conta con blogue propia). O Monte da Fraga antigamente era un eucaliptal, sen embargo hoxe en día conta cunha variedade de especies foráneas tanto vexetais coma animais, sendo controlada por voluntarios e facéndose numerosas tarefas de conservación.
Nesta actividade explicada por dúas voluntarias de ADEGA e coa participación dos bolseiros da OMA explicouse a importancia da distinción entre especies exóticas e as invasoras. Unha especie exótica a priori non é perigosa para o ecosistema, o problema xorde cando a especie é invasora. Unha especia é invasora cando por atopar no novo espazo unhas condicións idóneas para o seu desenvolvemento comeza a reproducirse producindo un desequilibrio nese novo entorno, tanto para as plantas como para o solo e a biodiversidade.
|
Monte repoboado e verde á esquerda e eucaliptal á dereita. |
As especies invasoras que atopamos foron:
|
Herba da Pampa |
|
Herba Tintureira |
A actividade de mapeo consistiu en localizar estas especies perigosas para o equilibrio do monte, medición da áera afecta e, posteriomente, procedeuse a eliminalas. Con isto trátase de conservar este espazo e facer unha xestión ecolóxica del.
|
Medindo a planta |
|
Voluntaria cortando a planta |
Diferentes proxectos que se están a organizar no monte nestes momentos:
- Roteiro autoguidao con códigos QR: dende a oficina de medioambiente pomóveuse esta iniciativa para dar a coñecer a todo aquel que esté no monte da súa historia e demáis.
|
Código QR no monte |
- Reforestación participativa. Dise que nesta vida hay que escribir un libro e plantar unha árbore. Se queres plantar a túa árbore so tes que avisar á OMA previamente.
Non esquezas pasarte polo blogue do
Monte da Fraga para coñecer tódalas novidades.
bolseirxs OMA-UDC /
Author & Editor
Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.
0 comentarios:
Publicar un comentario