Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidade da Coruña

XORNADAS DE BIOCONSTRUCCIÓN NA UDC

Xornadas de bioconstrución na UDC
A Oficina de Medio Ambiente organiza durante os meses de febreiro e marzo as xornadas de bioconstrución na UDC, que se desenvolverán en varias das facultades do campus de Elviña e A Zapateira.
As xornadas son de participación libre agás a visita técnica ao módulo “A Vieira” (inscricións en oma2@udc.gal)
A participación nas xornadas está suxeita ao recoñecemento de créditos para o alumnado de grao da UDC. Información en oma2@udc.gal

Haberá diferentes actividades, entre elas conferencias, visitas técnicas e exposicións, entre elas:

Conferencias / visitas

  • Bioconstrución: casas e cousas saudábeis
  • Visita Módulo Bioclimático “A Vieira” e BANCOB
  • Proxecto Biovalvo
  • Outra forma de vivenda: maneiras de habitar respectuosas co entorno e as persoas
  • Rehabilitación de vivenda fronte ao cambio climático
  • Edificación, radón e prevención de riscos

Exposicións

  • Materias de bioconstrución e Recursos didácticos sobre enerxía solar
  • Exposición sobre sistemas construtivos con terra (arxila)
  • Construción-rehabilitación sostible: cara a un cambio de modelo...


Consulta o programa completo aquí* !!


Share on Google Plus

0 comentarios: