14/02/2017

XORNADA ELIMINACIÓN DE INVASORAS

bolseirxs OMA-UDC


Facultade de Ciencias
Xoves, 23 de febreiro
oma3@udc.es
____________________________________________________________________________________________

A Oficina de Medio Ambiente (OMA) organiza o vindeiro día 23 de febreiro unha xornada de voluntariado ambiental, nesta ocasión o traballo a realizar será a eliminación de  flora exótica-invasora.

A xornada comezará ás tres e media da tarde, no Salón de actos da Facultade de Ciencias no Campus da Zapateira. Ramsés Pérez, explicaranos antes de saír ao campo cal é a problemática das especies exótico-invasoras.


A continuación, sairemos ao Monte da Fraga a identificar as diferentes especies e continuar a labor de  eliminación. O monte da Fraga é un espazo de monte que pertence a Universidade no que levamos once anos tratando de transformar o eucaliptal nun bosque autóctono.

Darémosvos material necesario, pero é preciso que traiamos roupa e calzado axeitado para camiñar polo monte.

A realización da actividade ven condicionada polo tempo, polo que se aprazaría se chovese ou houbese condicións climatolóxicas adversas ese día.



A OMA recórdavos que polo convenio que ten asinado con Oficina de Voluntariado, todas as persoas que realicen 15 horas de actividades de voluntariado ambiental terán a súa correspondente acreditación.

Para unha mellor organización da actividade, pedimos que vos anotedes en oma3@udc.es 

Segue todos os detalles minuto a minuto no noso Facebook ou Twitter. Séguenos! 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib