Para ter algunha referencia do efecto que teñen as invasoras no noso entorno, Ramsés de ADEGA explicounos a problemática destas especies na nosa terra, aínda que é un problema a nivel mundial.
Actualmente, as exótico-invasoras considéranse o principal problema para a biodiversidade. Son un problema ambiental, pero debería ser considerado un problema socio-ambiental.
Despois de informármonos, pasamos a parte máis dura da xornada. Dividímonos en dous grupos e comezamos a traballar. Non foi un traballo doado, pois en moitos casos as plantas xa tiñan un tamaño considerable e arrancar as súas raíces supuxo un gran esforzo.
Nesta fotografía mostramos o antes e despois de retirar algunha destas plantas. Se queredes ver as fotografías da xornada, entrade no seguinte enlace
0 comentarios:
Publicar un comentario