12/03/2014

bolseirxs OMA-UDC

I CONVOCATORIA DE AXUDAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO, SENSIBILIZACIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIAL

Oficina de Cooperación e Voluntariado

2014


Co obxectivo de apoiar aquelas actividades desenvolvidas pola comunidade universitaria cuxo fin sexa darlle pulo aos valores da solidariedade na universidade, sensibilizar á sociedade sobre as causas da pobreza e as desigualdades Norte-Sur, Norte-Norte, fomentar o desenvolvemento humano sostible e a xustiza social así como favorecer iniciativas que promovan a participación social da comunidade universitaria da UDC, a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC convoca estas axudas de educación para o desenvolvemento, sensibilización e participación social.

Dentro desta convocatoria, poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

   - Realización de charlas, xornadas, conferencias, exposicións, etc.
   - Cursos e obradoiros específicos para a formación e sensibilización da comunidade universitaria.
   - Publicación de materiais relacionados coa sensibilización, a educación para o desenvolvemento e a participación social.
   - Outras accións que cumpran cos obxectivos desta convocatoria.

As actividades e accións obxecto destas axudas deberán ter en conta as seguintes regras:

   - As actividades deberán levarse a cabo na UDC. No caso de que excepcionalmente se realicen fóra dos campus universitarios, deberá argumentarse na solicitude a forma na que a acción reverterá na comunidade universitaria.
   - A persoa solicitante deberá contar cos permisos precisos para realizar a actividade.
   - No caso do alumnado, se valorará moi positivamente a participación na actividade dun profesor ou membro do PAS da UDC, máis especialmente si participa activamente na actividade.
   - Si a persoa solicitante percibe outra axuda/s para a mesma acción, deberá informar á OCV á maior brevidade posible.
   - Terán preferencia as accións institucionais impulsadas dende as escolas, facultades e servizos xerais.
   - Valoraranse positivamente as accións cuxa repercusión involucre a un número elevado de membros da comunidade universitaria.
   - A acción deberá executarse durante o ano 2014.

Persoas destinatarias

Poderán participar todas as persoas membros da comunidade universitaria da UDC: Persoal Docente e Investigador (PDI); Persoal de Administración e Servizos (PAS), estudantado matriculado, así como as demais persoas vinculadas á UDC, sempre e cando non sexan incompatibles para acadar este tipo de axudas.

Contía das axudas, duración e forma de pagamento

A OCV destina a esta convocatoria ata un máximo de 6000€ de aplicación orzamentaria 08000806 422D 22609.
O importe máximo por actividade será de 1500€.
Todos os gastos imputables a presente axuda, unha vez aprobada, serán xestionados a través da OCV, a medida que se vaian producindo estes mediante os procesos administrativos habituais.
Unha vez rematadas as actividades o responsable da axuda presentará no presente ano a memoria final, xunto co informe nunha folla de cálculo dos gastos e a documentación gráfica e/ou audiovisual requirida.
No caso de utilización incorrecta da axuda, estará obrigado o responsable o reintegro das cantidades executadas indebidamente.

Gastos imputables e non imputables

Son gastos imputables:
   1. Publicacións e material de difusión (carteis, dípticos, etc.)
   2. Material funxible audiovisual (DVD, CD, etc.)
   3. Gastos por transporte.
   4. Gastos de persoal alleo a UDC: pagamento a conferencias e gastos asociados (desprazamentos, aloxamento, manutención) aos que se lle aplicará a Instrución para o pagamento a persoal alleo a UDC.

Os seguintes serán gastos non imputables:
   1. Material inventariable.
   2. Envío de material.
   3. Bolsas.
   4. Contratación de persoal.
   5. Gastos administrativos e de xestión.

Todos os gastos precisarán da súa correspondente xustificación (facturas, billetes electrónucos, tarxetas de embarque, etc.)

Formalización e presentación de solicitudes

O impreso para presentar as solicitudes atópase dispoñible na páxina web da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC (www.udc.es/ocv).
As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte o da publicación da convocatoria ata ás 14:30h do dúa 28 de marzo en:
   - No Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña).
   - No Rexistro Auxiliar do Campus de Elviña (Casa do Lagar).
   - No Rexistro Auxiliar do Campus de Ferrol (Vicerreitoría do Campus de Ferrol, rúa Vázquez Cabrera s/n).

As persoas solicitantes deberán presentar na OCV os seguintes documentos:

   1. Impreso normalizado de solicitude debidamente cumprimentado e asinado.
   2. Currícolo en formato electrónico (máx. 3 páxinas).
   3. Expediente académico actualizado descargado ou dende a Intranet (formato electrónico). (Só alumnos e demais persoal vinculado a UDC).
   4. Carta argumentada dun PDI ou PAS, apoiando a actividade presentada. (Só alumnos e demais persoal vinculado a UDC).

Documento completo da convocatoria e formulario de solicitude:
http://www.udc.es/ocv/actualidade/Convocatoria_EpD_2014.html

Máis información:
http://www.udc.es/export/sites/udc/ocv/_galeria_down/PlanEstratxxico_OCV_UniversidadeCoruxa_galego-1.pdf


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib