11/03/2014

bolseirxs OMA-UDC

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA GREEN CAMPUS UDC




Xoves 13 de marzo, 12:00 h, Salón de Actos, Facultade de Ciencias. Asistencia libre.


PROGRAMA GREENCAMPUS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC)

Coa participación de:
-          José Ramón Sánchez Moro, presidente de ADEAC-FEE
-          Amalia Blanco Louro, vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas da UDC
-          Direccións dos centros ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación, e da Oficina de Medio Ambiente da UDC



Primeira xornada de traballo GreenCampus-UDC

A Universidade da Coruña (UDC) ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus.

O próximo xoves 13 de marzo terá lugar a primeira reunión de traballo tras a recente sinatura do convenio, na que participarán as direccións dos catro centros da UDC que inicialmente se incorporarán ao GreenCampus: ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación, situadas no campus central de Elviña e a A Zapateira., xunto coa  Oficina de Medio Ambiente da UDC.

Esta reunión de traballo contará ademais coa participación de José Ramón Sánchez Moro, presidente de ADEAC, e Amalia Blanco Louro, vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas da UDC. Tras esta reunión inicial, o equipo de ADEAC e da OMA-UDC realizarán unha breve visita aos centros adheridos a este programa.

Ás 12 horas terá lugar a presentación pública do programa GreenCampus, nunha charla-debate aberta, que se celebrará no Salón de Actos da Facultade de Ciencias (A Zapateira), na que se dará conta da metodoloxía e dos obxectivos do programa GreenCampus na UDC.




Obxectivos e metodoloxía do programa GreenCampus

A Fundation for Environmental Education (FEE), agrupa como membros a ONG de 65 países, e desde a súa fundación en 1982 ven creando e desenvolvendo programas internacionais como Bandeira Azul (Blue Flag), Xoves Reporteiros para o Medioambiente (YRE), Bosques na Escola (LEAF), Chave Verde (Green Key) ou Ecoescolas (Eco-schools). No caso de Ecoescolas, suma uns 38.000 centros educativos en 52 países, e conta co apoio expreso del PNUMA. GreenCampus é un novo programa que recolle a filosofía, metodoloxía e experiencia de Ecoescolas, adaptada ás necesidades e problemática específica do ámbito universitario.

A creación dun Comité Ambiental, a realización de eco-auditorías, a elaboración dun Plan de Acción e dunha declaración do compromiso ambiental, xunto co asesoramento, información, comunicación e avaliación continua, son os elementos chave da metodoloxía do GreenCampus.

Os obxectivos a acadar xiran arredor de dez áreas de actuación: 1) optimización do consumo de auga e enerxía,  2) redución da xeración de residuos e recollida separada, 3) atención preferente aos RAEE (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos), 4) contaminación atmosférica, acústica e lumínica, 5) mobilidade sostíbel, 6) alimentación saudábel, 7) biodiversidade, 8) compra verde, comercio xusto e consumo responsábel, 9) participación, sensibilización e voluntariado ambiental, e 10) ambientalización curricular da docencia e da investigación.








bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib