Onte pola tarde estivemos na Facultade de Ciencias da Educación. Alí os compañeiros da OMA teñen activo o proxecto GreenCampus e estiveron ensinándolle aos estudantes da Facultade os pasos máis importantes para unha correcta reciclaxe.
Explicación de María de ADEGA sobre a importancia da reciclaxe |
María, de ADEGA, deu unhas pequenas pinceladas sobre o tema e a importancia da reciclaxe do papel. A reciclaxe do papel fai que un folio, unha caixa de zapatos ou un xornal poida ter moitas vidas, ata oito! Se houbese unha maior cantidade de papel reciclado, evitaríase a corta de moitas árbores que son prantadas única e exclusivamente para producir celulosa en factorías como ENCE, en Pontevedra. Estas especies, como o eucalipto, está a provocar graves danos medioambientais na nosa terra, xa que debaixo deles o solo fica infertil ao longo dos anos e a flora e a fauna e case nula, ademáis de ser unha especie que favorece a propagación do lume nos veráns cada vez máis secos e baixa o nivel freático pola cantidade de auga que precisa. Por eso comprar papel reciclado é unha alternativa!
Na Facultade colocáronse na última semana unhas "illas de reciclado" e para estudar o seu uso onte, coa colaboración de máis de trinta alumnos, fíxose unha ispección para nun futuro saber o progreso. Despois dunha primeira inspección por riba, fíxose a pesado de todas as papeleiras do centro. Nas depósitos de inorgánico e orgánico, hai unha mestura do 50%, indistintamente de ser para un tipo ou o outro.
É por isto, que se decidiu facer unha serie de carteis para identificalos correctamente e incentivar o uso destes por parte do estudantado, así como os de papel.
Todas as fotos da xornada no seguinte enlace
0 comentarios:
Publicar un comentario