26/02/2014

bolseirxs OMA-UDC

Da reciclaxe a residuo cero


O próximo mércores 26 de febreiro organizamos unha charla sobre a xestión de residuos: da reciclaxe a residuo cero. A situación na UDC.






A Universidade da Coruña busca ser punteira na xestión de residuos, a través de 3 liñas de actuación: prevención, reciclaxe de papel e compostaxe. Neste senso a universidade posúe un plan de Xestión de Residuos que comprende actuacións de varios tipos: infraestrutura, informativo e de xestión e de seguimento, inspección e avaliación.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o plan de Xestión de Residuos da UDC e as actuacións que se están a levar a cabo para que o tratamento de residuos vaia mellorando. A separación correcta de residuos así como as actividades pioneiras de compostaxe que se están a levar a cabo contribúen a minimizar os problemas que xeran os residuos derivados das actividades que realizamos diariamente. Teremos a oportunidade de escoitar a Ramón Plana, experto en xestión de residuos e experiencias de compostaxe, ademais participou no plan se Xestión de Residuos da UDC.

Ao remate visitaremos as áreas de compostaxe da ETS de Arquitectura e da EU de Arquitectura Técnica.


A actividade “Residuos na UDC” estará organizada da seguinte forma:
16.30 - Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Relator: Ramón Plana
Presentación: Manuel Soto
17.30 - Visita experiencias de compostaxe de residuos de comedor na UDC

Para ir comezando animámosvos a que botedes un ollo á seguinte presentación:


Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !



Máis información: 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib