Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

Campaña para promover o uso do papel reciclado na universidade



A Oficina de Medio Ambiente elaborou a publicación que leva por título “COMPRA PÚBLICA VERDE DE PAPEL: guía para os órganos de contratación e @s usuari@s da UDC”, a cal nas próximas datas faremos chegar a todos os centros e departamentos da Universidade.
As bolseiras da Oficina de Medio Ambiente da UDC farán entrega en persoa aos centros e departamentos da UDC da referida guía, xunto cunha mostra de papel reciclado (folios e sobres), así como un folleto relativo ao aforro de papel e de enerxía na actividade diaria dos diferentes membros da comunidade universitaria.

Tanto a guía como o resto de actuacións desta campaña buscan sermos máis conscientes dos impactos ambientais relacionados co consumo de papel, e desta forma avanzar na redución do seu consumo na elección das opcións menos impactantes, entre as que destaca o uso de papel reciclado, tanto en papel de escritura como na papelería en xeral. Recordamos que nas reprografías da universidade o prezo do papel reciclado é o mesmo que o do papel normal.






Como podemos reducir o impacto ambiental no uso do papel?




Aproveitamos para recordarvos que… 



Dúas caras = dous usos






E ti, xa aplicas as 3 R?





Máis información:

Share on Google Plus

0 comentarios: