13/02/2014

bolseirxs OMA-UDC

Compostaxe na UDC. Proxección do documental Trashed





O próximo mércores 19 de febreiro a Oficina de Medio Ambiente presenta a seguinte actividade do ciclo de voluntariado ambiental, nesta ocasión relacionada coa temática dos residuos.
Primeiro proxectaremos o documental Trashed, protagonizado por Jeremy Irons, documental moi interesante que nos conta a problemática dos residuos, dos vertedoiros e incineradoras do mundo civilizado. 




Ao remate abriremos un coloquio sobre a problemática dos residuos e posibles solución, por ultimo visitaremos unha das solucións que aporta a universidade para reducir os residuos que é o proxecto de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de tres comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus en tres áreas de compostaxe. Visitaremos a ultima incorporación a este proxecto que é a área da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica que recolle os residuos da cafetería da mesma
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos...) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza. 

A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:


16.30 Salón de actos da Facultade de Ciencias
     -        Proxección de documental Trashed
Ficha técnica:

-          Charla-debate.
-          Visita á área de compostaxe da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. 

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es 



Máis información: 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib