15/05/2013

Próximas Actividades de Voluntariado Ambiental na UDC

bolseirxs OMA-UDC
Seguindo a programación da primavera ambiental, a Oficina de Medio Ambiente convoca dúas actividades de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) que se celebrarán o 22 e 29 de Maio no Campus da Zapateira.

O 22 de maio, conmemorando o día mundial da biodiversidade, aproveitaremos para construír unha charca no monte da Fraga, o que favorece a recuperación das poboacións de anfibios, odonatos…
O 29 de maio aproveitaremos para eliminar especies exóticas invasoras no monte da Fraga.  As especies exóticas invasoras son hoxe a segunda causa de perda de biodiversidade no planeta.

Cada unha das xornadas de traballo irá acompañada dunha charla introdutoria para coñecer a problemática.

O programa é o seguinte:
·         Xornada de construción dunha charca o día 22 de Maio 

10:30h  Charla “Charcas con vida”. Facultade de ciencias, salón de actos, relatora: Lucia Parente. Educadora ambiental de ADEGA

11:30h Comezo da xornada de traballo no monte da Fraga.

Xantar con produtos ecolóxicos.

17:00h Remate da xornada de traballo.

·         Xornada de eliminación de flora exótica invasora o día 29 de Maio    

10:30h Charla especies exóticas invasoras. Facultade de ciencias, salón de actos, relator: Ramses Pérez. Educador ambiental de ADEGA                                                                  11.30h Comezo da xornada de eliminación de flora exótica invasora no monte da Fraga.

14:30h Remate da xornada de traballo.

Para participar na xornada é importante inscribirse no correo oma3@udc.es para que poidamos preparar a ferramenta e o xantar.

Podedes anotarvos á unha ou ás dúas xornadas. No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo: enviade un correo indicando a vosa dispoñibilidade.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib