10/05/2013

Obradoiro de caixas niño para morcegos na UDC

bolseirxs OMA-UDC
          O mércores 15 de Maio terá lugar na Escola Técnica Superior  de Aquitectura da Universidade da Coruña o Obradoiro de Caixas Niño para Morcegos organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.
 
          A xornada comezará ás 16:30 da tarde cunha pequena charla informativa a cargo de Roberto Hermida da Asociación DROSERA e á continuación terá lugar o obradoiro no Taller de Maquetas da ETS de Arquitectura. Unha vez feitas as caixas procederemos a penduralas nas árbores do campus. Posteriormente encargarémonos do seguemento das mesmas.
 

 
          A ”Asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural” naceu coa teima de traballar desde unha perspectiva integradora na conservación do medio natural galego. O enorme descoñecemento dos morcegos existente aínda hoxe en Galiza, a súa importancia na dinámica dos ecosistemas e a vulnerabilidade das súas poboacións, levounos a amosar unha especial debilidade por este grupo faunístico. Froito deste interese xurdiu “Morcegos de Galicia”, o programa que aglutina todas as iniciativas de investigación, conservación, divulgación e sensibilización que realizan desde Drosera.
 
          Ata o momento constatouse en Galiza presenza de 23 especies diferentes de morcegos. Para eles o refuxio é fundamental. Nel non só descansan durante o día, senón que teñen lugar os partos, a lactancia, o coidado das crías ou a hibernación. Un xeito cotiá de construír refuxios para morcegos é mediante caixas-refuxio feitas con táboas de madeira e ferramentas habituais que teñamos na casa, para que resistan ben a intemperie e teñan unha boa inercia térmica e regulen a humidade interior.
 
Prazas limitadas a 20 persoas. Inscricións en: oma3@udc.es
 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib