23/05/2013

Crónica Obradoiro Caixas Morcego na UDC

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 15 de maio tivo lugar no edificio de Departamentos de Arquitectura (Campus da Zapateira) unha actividade teórico práctica sobre un dos grupos de vertebrados máis descoñecidos de Galiza, os morcegos. A xornada, que se desenvolveu ao longo de toda a tarde contou cunha charla e un obradoiro de caixas de morcegos. Esta era a quinta das actividades da III Primavera Ambiental da UDC, un ciclo de conferencias e obradoiros organizados pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA.

A actividade comezou coa charla introdutoria sobre a ecoloxía dos morcegos conducida por Roberto Hermida da Asoc. Drosera, organización sen ánimo de lucro, dedicada ao estudio e a conservación do medio natural en Galicia. http://blogdrosera.blogspot.com.es/

 
Os morcegos son un grupo animal diverso, pero tamén moi descoñecido o que provoca certo rexeitamento e fai que moita xente non queira convivir con eles. Actualmente coñécense máis de 1.200 especies e son o único grupo mamífero con capacidade de voo activo.

Roberto Hermida falounos sobre a ecolocación, fenómeno que consiste na emisión de sons no seu entorno e a posterior interpretación dos ecos que xeran os obxectos ao seu redor. Os morcegos utilizan a ecolocación para desprazarse e cazar na escuridade.
Podemos establecer grupos de morcegos en función do seu hábitat, método de caza e dieta, así como a ecoloxía do seu refuxio polo que se poderían dividir en cavernícolas, fendurícolas e forestais.
 
Na charla tamén se informou da importancia da súa conservación ao ser un dos grupos máis diversos de mamíferos. A transformacións dos hábitats de refuxio e alimentación ameazan a conservación dos morcegos na Península Ibérica.














 


 Sobre as 18.00 h comezamos o obradoiro. Actualmente atópanse diferentes materiais e formatos para a construción de caixas-refuxio, madeira, serraduras-cemento, etc.  A nosa caixa construíuse con madeira de piñeiro, empregando o modelo de caixa habitual que emprega Drosera. Cando se fai unha caixa-niño de madeira deste tipo é aconsellábel darlle unha posterior protección contra a intemperie mediante a aplicación de aceite de liñaza.

Recoméndase a instalación das caixas en lugares expostos ao sol, a unha altura mínima de tres metros. O mesmo día, instalamos as dúas primeiras caixas nun poste da luz xa sen cables que está situado diante da facultade... que agora cumpre unha nova función no campus.

Pódese descargar un pdf. co modelo desta caixa na web, www.morcegosdegalicia

 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib