18/04/2013

I ENCONTRO SOLAR NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
 
O próximo 24 de abril, a partir das 11: 00 h na praza da Fraga (A Zapateira), terá lugar a terceira actividade da Primavera Ambiental, o “I Encontro Solar na UDC.
 
O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferenzas de temperatura e presión, permite a fotosíntese… é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía: hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos. Porén, o uso desta enerxía solar directa está aínda moi pouco estendido.
 
O ENCONTRO SOLAR pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.
 
 

 
Programa:
 
      11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Exposición de aparellos solares; cociñas e fornos solares,     cargadores solares para móbiles, PDAs, etc. e outros aparellos.
 
      11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Gastronomía solar; cociña e degustación de platos elaborados con enerxía solar, chocolate, infusións, etc.
 
      12.00 h – 13.00 h Campus da Zapateira- Elviña. Roteiro solar; visitaremos unha instalación fotovoltaica da UDC e un centro con elementos de bioclimatización. Este roteiro será guiado polo Técnico Superior de Mantementos da UDC, Jesús Manuel Giz Novo. Para o roteiro é preciso inscribirse no correo oma3@udc.es. O punto de encontro será na mesa da OMA (no Encontro Solar da Praza da Fraga)
 
      11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Mercadiño de troco; aproveitaremos a xornada para reutilizar os obxectos ou roupa que xa non precisemos organizando un mercadiño de troco, na praza teremos ao voso dispor unha mesa onde podedes deixar aquilo que xa non precisedes (libros, roupa…) e trocalos por algo que vos interese.
 
Esperámoste!! 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib