Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

Inspección de primavera do Proxecto Ríos no río do Lagar

O próximo xoves 18 de abril terá lugar a segunda actividade da Primavera Ambiental da UDC, o Proxecto Ríos, que consistirá na inspección de primavera do río Lagar.

O obxectivo desta proposta e concienciar á sociedade da importancia do coidado dos nosos ríos e a necesidade da súa boa conservación.

O punto de encontro para a actividade será ás 11:30 h na porta da Facultade de Economía e Empresa (Elviña). Desde alí, dirixirémonos ao río onde Paco Bañobre, educador do Proxecto Ríos, nos explicará en que consiste o proxecto e a metodoloxía a seguir, posteriormente, na parte práctica faremos a inspección do río do Lagar; avaliación do bosque de ribeira, identificación de macroinvertebrados, análise físico-químico das augas… co obxectivo de coñecer o estado de saúde do río.

 
As prazas son limitadas, polo que se estás interesado/a en participar nesta proposta podes reservar a túa praza no correo electrónico da Oficina de Medio Ambiente, oma3@udc.es

Para máis información podes visitar o noso blog;  http://medioambienteudc.blogspot.com.es/ ou a nosa páxina de facebook; “Oficina de Medio Ambiente UDC”.

Esperámoste !!


Share on Google Plus

0 comentarios: