29/04/2013

Crónica da 2º actividade da Primavera Ambiental. Inspección do Río Lagar

bolseirxs OMA-UDC

O pasado xoves 18 de abril tivo lugar no río Lagar, no treito situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigacións e a Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña  a inspección de primavera do Proxecto Ríos, organizado pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA.

Un grupo de voluntarios e voluntarias xunto co persoal bolseiro da OMA e Paco Bañobre, un educador de ADEGA, levamos a cabo a inspección do río.

Proxecto Ríos



O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Máis info: http://www.proxectorios.org/


A inspección do Lagar
A actividade foi seguida por un grupo de participantes, que se mostraron moi interesadas coas explicacións obtidas e tiveron oportunidade de resolver todas as súas dúbidas.

Unha vez feita a inspección xa sabemos a calidade do noso río. Os criterios que analizamos foron os seguintes:

-       A calidade Hidromorfolóxica: observamos o bosque de ribeira, largura do río, presenza de rápidos ou augas estancas… Podemos constatar que é unha zona con unha forte presión antrópica.

-       A Calidade físico-química: medimos o PH, nitratos, Tª, osíxeno disolto e transparencia. Todos estes parámetros deron resultados normais.

-       A Calidade biolóxica: identificamos os organismos marcroinvertebrados presentes no punto de mostraxe. Cada familia ten asignada unha calidade dependendo se son máis ou menos esixentes. Os macroinvertebrados presentes no treito pertencen ao estado moderado, é dicir, con indicios de degradación do ecosistema, principalmente por presión antrópica xa que está rodeado por dúas estradas e edificios.

Os seguintes enlaces móstrannos máis fotos da actividade:

·       Album do Facebook

·    Album de picasa

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib