31/05/2012

Crónica "Conferencia proxecto Sostauga"

bolseirxs OMA-UDC
Ás 12.00 do 22 de Maio de 2012 deu comezo unha conferencia sobre o proxecto SOSTAUGA no salón de graos da escola técnica superior de enxeñeiros de camiños canais e portos como parte das xornadas enmarcadas dentro da Primaveira Ambiental, a duración da actividade foi de dúas horas. Achegouse deste modo o proxecto a todos aqueles que estiveron presentes, levando a cabo unha tarefa de divulgación e educación medio ambiental dentro da universidade.

Os obxetivos  xerais do proxecto SOSTAUGA son:

            -Conseguir un axeitado estado ecolóxico dos fluxos e masas de auga existentes nos campus   e seguir as directrices da Directiva marco da auga da UE.
           
            -Avanzar cara  unha xestión sustentable da auga na que se alcance a máxima   autosuficiencia posible na demanda do recurso mediante a implementación de medidas de       reutilización e aforro no consumo.
           
            -No plano cultural, favorecer a potenciación das oportunidades únicas que ofrece a    existencia de cursos fluviais, zonas húmidas e mananciais, intentar renaturalizar no posible    estes elementos e mellorar os índices de biodiversidade.
           
            -Promover a divulgación dos resultados do estudo no ámbito universitario local e galego, así   como na sociedade en xeral.

Os ponentes convidados foron:

            Juan Cagiao, coordinador do proxecto SOSTAUGA e mestre da escola técnica superior de            enxeñeiros de camiños, canais e portos.

            Manuel Soto Castiñeiras, director da OMA(Oficina de Medio Ambiente da UDC) e          profesor de enxeñería química.

            Jose Luis Otero, bolseiro da OMA(Oficina de Medio Ambiente) en representación da OMA           e dos bolseiros que tomaron parte no proxecto SOSTAUGA.

            A xornada chegou o seu fin coa ronda de preguntas na que se aclararon as inquetudes dos asistentes ás conferencias, e establecendo como próxima cita o ciclo de curtametraxes, sendo ésta a derradeira actividade do ciclo de conferencias primavera ambiental

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib