31/05/2012

A compostaxe de residuos orgánicos no campus da os seus froitos

bolseirxs OMA-UDC
No campus universitario xéranse una serie de residuos como son os residuos vexetais da xardinería ( céspede, podas) e tamén residuos orgánicos de cociña e comidas nos diversos comedores universitarios.
Estes residuos estanse a compostar conxuntamente co obxetivo de xerar fertilizantes orgánicos de elevada calidade, de feito o compost obtido presentou un elevado valor fertilizante , cunha relación C/N de 9-14, e unha calidade química caracterizada por un baixo contido en metais pesados, resultando compatíbel coa Clase A permitida na agricultura ecolóxica de acordo co RD 824/2005.
O programa de compostaxe na universidade ten como obxetivo retornar o sistema agrícola materia orgánica e nutrintes e o mesmo tempo evitar o transporte do lixo, entre outras vantaxes.
Concretamente esta iniciativa estase levando a cabo nos comedores universitarios de arquitectura e filoloxía.
 Coa compostaxe preténdese pechar o seguinte ciclo.
Como se pode ver no diagrama os residuos pasan unha serie de etapas até ser transformado en compost, unha primeira fase na que mesturamos os restos da cociña cos restos vexetais na que se produce a fermentación e unha segunda fase de maduración de varios meses até obter o compost maduro.
Unha vez obtido o compost, decidiuse facer uso del nunha pequena horta, que se situou a beira dos composteiros de facultade de arquitectura.
Nesta horta plantáronse diversos tipos de cultivos como leitugas, pementos, tomates, cebolas, plantas aromáticas e especias, entre outras.
Como era de esperar os cultivos medraron a bo ritmo, e en poucas semanas puidemos recoller os primeiros froitos da horta.
Os primeiros froitos que se recolleron foron unhas leitugas que se entregaron no comedor da facultade de arquitectura.
Ca entrega das leitugas na facultade de arquitectura péchase o ciclo, posto que a materia orgánica que saíra deste mesmo comedor, da que se fixo uso para facer o compost xunto cos restos de xardinería, volve a súa orixe en forma de novos alimentos.
compostaxe e horta ecolóxica
horta ecolóxica

productos da horta na cafetería de Arquitectura

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib