Velaquí tendes a información das curtametraxes que poderedes ver:
The End (A fin)
Eduardo Chapero-Jackson / España / 2008 / Ficción / 26’ .
Sinopse: Unha familia americana de clase media debe loitar para sobrevivir nunha nación destruída pola falta de auga.
Premio ao Mellor Director no Festival de Málaga 2009.
La Canilla Perfecta (A canela perfecta)
Walter Tournier / Uruguay / 2008 / Animación / 7’
Sinopse: Humberto está obsesionado por inventar aparatos que aforren auga. Os resultados que obtén sempre son pouco prácticos e moitas veces perigosos. Tomás é un neno de 10 anos que vive no mesmo barrio e se sinte atraído polas sorprendentes actividades do inventor.
Paradise Later (O Paraíso máis tarde)
Ascan Breuer / Austria / 2010 / Ficción / 13’20’’
Sinopse: Dentro da mente dun comerciante viaxamos por un río que serpea a través dunha paisaxe apocalíptica. Unha corrente de pensamentos somérxenos nun remuíño de acusación, condena e autoinculpación e condúcenos de xeito frenético cara a un final fatídico.
Putti (Nena)
Jacob Varghese / India / 2008 / Ficción / 14’22’’
Sinopse: Unha historia de vidas construída arredor da necesidade máis primitiva do home desde o comezo da súa existencia. Que sucede cando a natureza deixa de ser o sustento?
Rain is Falling (Chove)
Holger Ernst / Alemaña / 2004 / Ficción / 15’
Sinopse: Unha rapaza ao coidado da casa e da súa nai enferma traballa duro para traer auga a casa. A auga, un elixir básico para a vida, é difícil de conseguir e pode converterse nunha ameaza. Pero a rapaza atopa unha solución sinxela.
Nominado ao Best European Short Film 2005
0 comentarios:
Publicar un comentario