09/05/2019

Visita á planta de residuos de Nostián

bolseirxs OMA-UDC
  • A Oficina de Medio Ambiente organiza para o próximo luns 13 de maio, unha visita guiada á Planta de tratamento de residuos do Concello da Coruña e Consorcio das Mariñas 
Explicarase o sistema de separación selectiva, o funcionamento da planta e o tratamento das dúas fraccións principais. Para acadar unha reciclaxe de calidade, o tratamento en planta require da participación da cidadanía cunha boa separación en orixe destas dúas fraccións.
Horario: saída as 11:00h. Regreso previsto 14:00h
Punto de partida do autobús: Rotonda Campus de Elviña, fronte ás pistas de atletismo 
Inscricións ata o día 12 de maio as 13h. en oma2@udc.gal  (indicando nome, apelidos, NIF)
Actividade gratuíta. Prazas limitadas, segundo orde de inscrición (confirmarase por correo-e)
Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC (1C=10 h de dedicación)

  • Outras actividades da OMA previstas para o mes de maio:
            VII Encontro Solar da UDC
Data de referencia: 24/05/2019
Se a previsión do tempo non é boa, adiarase ao seguinte venres, anunciando e confirmando aquí o martes día 21.
Posibilidades da Enerxía Solar na cociña: Achégate a experimentar cociñando co Sol
Inscricións e préstamos de fornos solares: oma2@udc.gal
Lugar: Aparcamento do Ed. Xoana Capdevielle (Campus Elviña)

Organiza: Oficina de Medio Ambiente UDC
Actividades incluidas na programación Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio,
proxecto que conta coa colaboración da Fundación Alcoa.
Programación completa, inscricións e toda a información en

oma2@udc.gal / 981.167.000 Ext. 5626

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib