CONFIRMADO: VENRES 31 DE MAIO
Anotádevos en oma2@udc.gal para recibir toda a info e detalles da convocatoria no voso correo-e!
Lugar: Aparcamento do Ed. Xoana Capdevielle (Campus Elviña)
Incluído na programación Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, o Encontro Solar da UDC é unha xornada de celebración, na que organizamos un xantar colectivo, xuntando o maior número posíbel de fornos e cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados cociñados co sol.
O programa completo da xornada será o seguinte:
10:30h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares
11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas
12:30h Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC1 guiada por J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC
Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Aparcamento do Xoana Capdevielle
15:00h Xantar colectivo e degustación de comida solar
16:30h Recollemos entre todas as persoas participantes
Durante toda a xornada:
- Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares (se tes algún aparello que funcione con enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete)
- Poderase visitar a exposición itinerante "A Enerxía Solar" da man de ADEGA
1O CITIC é un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta
A asistencia é libre, pero para participar na cociña con fornos deberás inscribirte en oma2@udc.gal (para podermos reservar o espazo e un forno para ti, se o precisas). Na inscrición indícanos:
- Se queres participar como persoa individual ou tes previsto vir en grupo
- Se xa tedes forno, ou se precisariades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan...!)
- Tamén podedes construir o voso propio forno! con unha caixa de cartón, moi sinxelo e aínda mais barato!: Instrucións da Revista Cerna, artigo de Juan Bello, experto en cociña solar.
Para animarte:
- Encontros anteriores: http://medioambienteudc.blogspot.com/2017/04/v-encontro-solar-na-udc.html?m=1
- Degustación de balde para visitantes durante a mañá, a medida que os petiscos vaian saindo dos fornos
SOMBRA: Ao sol só precisan estar fornos e cociñas, desde a organizacion non podemos asegurar sombra para todas as persoas: se tes carpa ou sombrilla, achégate con ela
Non esquezas o teu Equipo de Protección Individual: Pucho, Gafas, Crema Solar.
Mais info: oma2@udc.gal
0 comentarios:
Publicar un comentario