Exposición sobre enerxía solar "Enchufados ao sol", da man de ADEGA, e "Aparellos para a cociña solar" da man de Juan Bello
Lugar: Sala contigua ao Salón de actos da Vicerreitoría do campus de Esteiro (Ferrol)
Achégate a coñecer como aproveitar esta enerxía limpa e inesgotable, e as súas posibilidades na cociña.
Visita libre, do 17 ao 31 de outubro en horario de 9 a 14 h e de 17 a 21 h
Comezamos unha nova tempada de encontros solares na UDC! Esta vez, estrenámonos no campus de Esteiro en Ferrol o día 17 de outubro*, coincidindo no IV Mes de Outubro UDC Saudable.
*Celebración en función da climatoloxía: confirmación aquí o luns 15.
E qué é isto dos
encontros solares?
É unha actividade promovida pola Oficina de Medio Ambiente, e
organizada pola Asociación Ecoloxista ADEGA en colaboración con Juan Bello,
especialista en cociña solar. Celebramos un xantar colectivo cociñando
exclusivamente con fornos solares, aproveitando así esta enerxía limpa e
renovable.
Bótalle un ollo a como foi nas pasadas edicións: Timelapse do V Encontro
Solar, Crónica
do V Encontro solar, Fotos,..
Gustaríanos moito
contar convosco para esta nova edición, para iso só hai que mandar un correo a oma2@udc.gal e indicar:
- - se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo
- - se xa tedes forno, ou se precisades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan!)
Tamén tedes a posibilidade de construír o voso propio forno
cunha caixa de cartón, moi sinxelo e barato! Seguide ás instrucción en:
- - http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf
- - http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpsomeso/node/770
Un requisito é usar pratos,
vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha
actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección
do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha
montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta a
casa.
Durante a xornada contaremos co asesoramento de expertos en
cociña solar, especialmente para quen se estea iniciando no tema.
O programa completo
da xornada será o seguinte:
11:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos
aparellos solares.
11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
15:00h Xantar colectivo e degustación de comida
solar.
17:00h Recollemos.
Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós: oma2@udc.gal
VÉMONOS EN FERROL!
0 comentarios:
Publicar un comentario