16/05/2017

CRÓNICA V ENCONTRO SOLAR NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
Coma cada primavera, e chegado o bo tempo, o pasado 27 de abril celebramos o V encontro solar na UDC. Nesta xornada, promovida pola Oficina de Medio Ambiente e organizada pola Asociacion Ecoloxista ADEGA e o CIFP Someso, aprendemos e experimentamos distintas aplicacións para aproveitar a enerxía solar, limpa e inesgotable.

Durante toda a xornada, a pesares dalgunha nube que cruzou o ceo, o Sol foi o protagonista. Arredor das 10 da mañá foron chegando os primeiros fornos solares, de todo tipo: feitos con caixas de cartón, outros de madeira, de tipo parabólico,... para todos os gustos!

Ainda que destacaron os fornos solares, pola gran cantidade e variedade, durante toda a xornada puidemos ver deversidade de aparellos que funcionaban coa enerxía do Sol. Quentamos a auga coa enerxía solar e ata tivemos un DJ amenizando a xornada, e funcionando en todo momento a mesa coa enerxía que obtivemos cunha placas solares.

A media mañá, tivemos a visita á cuberta do CITIC. J.M. Giz, Técnico Superior de mantemento da UDC, foi quen nos explicou o funcionamento das placas solares do edificio e as as súas vantaxes.


Un pouco máis tarde, foron saíndo os primeiros pinchos-solares que serviron como aperitivo do que sería unha gran comida feita nos fornos solares. Uns ovos cocidos, uns champiñóns recheos e ata tivemos comida xaponesa.

Ás tres da tarde, cando a comida estaba lista, reunimos todos os pratos elaborados. Nesta ligazón podedes atopar todas as fotos da xornada.


Callos, polbo á feira, cuscús,  lentellas, peixe, ovos, champiñóns recheos, verduras variadas … e sobremesas como biscoito, mazás asadas e palmeiriñas con chocolate. Tamén se fixo pan, e infusións durante toda a mañá.



















Pouco a pouco, a comida foise acabando e tras tomar a sobremesa, tivemos que recoller todas as carpas e mesas, así como lavar os pratos e cubertos que trouxemos da casa, evitando así o uso de plásticos e cousas de usar e tirar.  O importante e que quedou demostrado que é posible cociñar nun forno solar! Ata o ano que ven!

Queremos agradecer a participación de todas as persoas e dos centros educativos que participaron na xornada, como foron o IES Universidade Laboral de Culleredo, IES Manuel Lugrís e a Escola de Imaxe e Son do CIFP SOMESO. 

Un recordo especial para Juan Bello, profesor no CIFP SOMESO, sen o que isto non tería sido posible. 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib