11/10/2018

De novo, imos limpiar a praia de Bens.

bolseirxs OMA-UDC

Dentro da campaña de limpeza simultánea de praias que ADEGA está a levar adiante en todo o litoral galego, a Oficina de medio Ambiente da UDC, ADEGA e Mar de Fábula limparán, unha vez máis, a cala de Bens. Será o venres 19 de outubro.

O obxectivo que nos move é chegar a recuperar a praia de Bens para o disfrute da cidadanía, non para que sirva, como até agora, como sumidoiro infecto do lixo das industrias e vertedeiros asentados na sua contorna.

O tan traído e levado concepto de crecemento económico sustentable salta polos aires nesta zona industrial da Coruña, cando estamos a agredir o medio ambiente e degradar desta forma o espazo común de toda a veciñanza desta cidade.

Xa que logo, facemos un chamamento a todas as persoas dispostas a colaborar neste proxecto: Atallar na súa orixe a contaminación ambiental que está a padecer a fermosa cala de Bens.

Contaremos co soporte loxístico da Concellería de Medio Ambiente do concello da Coruña.
  • Hora e lugar de encontro: Venres 19 de outubro ás 11:00 horas, no aparcadoiro da praia de Bens.
  • Inscricións en oma2@udc.gal (Asunto: limpeza praias. Indicando: nome e apelidos, NIF e correo-e de contacto)
Para mais información:
  • Mar de Fábula: 608 609 042
  • ADEGA: 981 570 099
  • OMA: 981 167 000 Ext.5626


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib