10/10/2016

bolseirxs OMA-UDC
MOLLÁMONOS POLOS RÍOS!!!

O pasado xoves, un grupo de alumnos da UDC participamos na limpeza do río Lagar organizada pola Oficina de Medio Ambiente e a Asociación ecoloxista ADEGA, dentro do proxecto Rios!

Foi algo máis dunha hora na que compartimos boas experiencias! Pouco a pouco fomos enchendo os sacos con todo tipo de lixo: plásticos de obras, envoltorios, ferros... así ata case 40 quilos!!!

Entre todos conseguimos unha boa cantidade de lixo que acabarían no mar, co efecto negativo sobre o medio que terían. Enchemos algúns sacos que depositamos nos colectores adecuados.

Da recollida fixose eco algún xornal como "La Opinión". Deixámosvos o enlace da noticia http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/10/07/universidad-suma-campana-limpieza-rios/1113476.html

 Como podedes ver estivemos todos o máis activos posibles, e o resultado foi un río limpo!

Esperámosvos nas vindeiras actividades que vos anunciaremos pólas redes sociais e os correos da UDC! Non faltedes!
Síguenos no twitter (@OMA_UDC) e no Facebook (Oficina Medio Ambiente)!

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib