10/11/2014

Crónica do roteiro e obradoiro de ergonomía e mantenemento básico da bicicleta

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 5 de Novembro tivo lugar o roteiro e o obradoiro de ergonomía e mantemento organizado pola oficina de medio ambiente (OMA ) en colaboración coa Asociación Mobi-liza, unha asociación galega para a mobilidade sostible, creada co propósito de defender os intereses dos peóns, as persoas ciclousuarias e as que usan o transporte público.

Un dos obxectivos da OMA é traballar a mobilidade sostible no campus, por esta razón hai un servizo de préstamo de bicicletas. Para completar este servizo organizamos esta actividade co persoal de Mobi-liza, que nos deron a coñecer unha ruta segura en bici dende a cidade ao campus, e demais coñecementos básicos da bici.

Ás 17 horas reunímonos na Praza de Pontevedra para facer en bicicleta o roteiro até o Campus de Elviña. Fran García, da Asociación Mobi-liza foi o encargado de presentarnos esta actividade contounos algunhas das cuestións básicas á hora de circular pola cidade coa bicicleta.

Aproximadamente 40 minutos despois chegamos ó Edificio Xoana Capdevielle onde se impartía o obradoiro de mantemento, ergonomía e reparacións básicas. Luís e Fran, da asociación Mobi-liza, falaron dos seguintes temas:
  • Ergonomía: onde ensinaron como axustar a altura da sela, a posición da potencia (guiador) e dos freos, para así poder ter a posición correcta na bicicleta e non sufrir lesións.
  • Mantemento: ensinounos como limpar a cadea e engraxala axeitadamente, e como gardala bicicleta en caso de non usala por un longo período de tempo.
  • Reparacións básicas: neste grupo incluíase como reparar un pinchazo e os fallos máis comúns dos freos e do cambio e como arranxalos.
  • Normas da lexislación vixente: cuestións como a obrigatoriedade do uso do casco ou de elementos refráctante.
  • Moitas grazas a todos pola vosa asistencia e esperamos que con ente curso se fomente o uso da bicicleta na cidade entendida como un medio de transporte.



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib