30/05/2014

Limpeza simultánea de praias

bolseirxs OMA-UDC

Outro curso máis e coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA, a Oficina de Medio Ambiente da UDC participará o vindeiro venres 6 de xuño nunha limpeza simultánea de praias que terá lugar por toda a costa galega.






A nosa zona de actuación será a praia de Bastiagueiro Pequeno e a actividade dará comezo ás 17h rematando ás 19h. O punto de encontro será a porta de INEF (Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física). Hai transporte público dende a estación de autobuses de A Coruña, con dirección Santa Cruz. Os horarios dos autobuses son regulares, e podedes coñecelos na seguinte ligazón:http://www.autoscalpita.es/images/horarios_acp.pdf


O obxectivo desta xornada de limpeza é o de denunciar e concienciar sobre a mala xestión dos residuos en Galicia, xa que cada ano 7 toneladas de residuos van parar ao mar, co dano ao ecosistema que esta situación provoca. 

Así pois, a OMA convida a toda a comunidade universitaria a participar nesta actividade de concienciación ambiental.

Confirma a túa participación enviando un correo-e a oma3@udc.es


Se queredes consultar o resto de puntos de actuación podedes facelo dende aquí:




Agardámosvos!


Podes atoparnos en:

Twitter: @OMA_UDC 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib