29/05/2014

Crónica do II encontro solar na UDC

bolseirxs OMA-UDC

O mércores 14 de maio entre as 11.00 e as 17.00 tivo lugar no aparcamento da Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña) o II Encontro Solar na UDC  organizado pola OMA e ADEGA en colaboración co C.I.F.P. de Someso. Este encontro consistiu nunha xornada completa de experimentación solar, cociñamos en fornos e cociñas solares,  e tivemos exposición de diferentes aparellos solares.

Coperativas de autoprodución e distribución eléctrica


Ás 12.00 tivo lugar a charla de Som Energía relatada por Javier Pombo Sánchez socio de Som Energía e colaborador do grupo local Som Enerxía Galiza. Nela falou do funcionamento do mercado eléctrico actual e presentou a  cooperativa explicando as alternativas ás compañías distribuidoras enerxéticas máis destacadas. Ademais deu algúns consellos sobre aforro  enerxético cos que se poden reducir as facturas.



Enerxía renovábel e limpa


A continuación realizouse a visita guiada por Jesús Manuel Giz Novo (técnico superior de Mantementos da UDC) á unha instalación fotovoltaica da UDC no CITIC, tamén en Elviña. Comentouse o seu funcionamento e os seus resultados enerxéticos. Tamén se falou das reformas levadas a cabo nalgúns centros para facilitar o aforro enerxético. Por exemplo, o emprego de vexetación estacional a modo de cortina natural no edificio Xoana Capdeville para refrixerar a zona de estudo aforrando enerxía.
Durante toda a xornada os membros da comunidade universitaria, ao tempo que aproveitaban o día soleado, puideron visita-la exposición de aparellos solares que consistía en fornos (moitos deles realizados polos alumnos do instituto de Formación Profesional de Someso) e cociñas feitos con diferentes materiais, xoguetes, cargadores de teléfonos móbiles, lanternas, quecedores de auga para duchas e lavabos… Con esta exposición pretendíase amosar ao estudantado e persoal da UDC as aplicacións da enerxía solar na vida diaria, e fomentar o seu uso.

Gastronomía Solar


Por último realizouse a actividade de Gastronomía Solar na hora de xantar, na que se puido degustar os diferentes pratos cociñados alí mesmo con enerxía solar,  entre os cales encontrábanse: pizza, quiche de verduras, arroz con verduras, polbo con cachelos, verduras e cogomelos, costela, raxo con patacas, polo asado, cogomelos,  tamén houbo sobremesas como biscoito, peras asadas, torta de queixo, bolachas de chocolate … e así ata 26 pratos diferentes!!
Moitas grazas a todas e todos os que colaboraron nesta xornada e nos demostraron que cociñar co sol é posible e sobre todo que merece a pena aprender coa experimentación solar e aplicar conceptos de economía de recursos, eficiencia enerxética e enerxía renovábeis á edificación. En especial a Juan Bello do C.I.F.P. de Someso (alumn@s e familia), Javier Pombo de Son energía, Jesus Giz (tec. Sup de mantenemento da UDC) e  Rubén (escola universitaria de arquitectura  técnica).
O próximo curso realizaremos de novo un encontro solar onde vos animamos a construír o voso forno e cociñar con nos!!





Ligazóns e fotos


Fotos II Encontro Solar UDC

A continuación referenzas na prensa e internet do encontro solar:

El Ideal Gallego. Noticia
http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/universitarios-cocinan-leccion-dia/20140514235415188615.html
La Opinión A Coruña. Noticia
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/05/14/udc-busca-crear-nueva-cultura/840777.html
La Opinión A Coruña. Galería fotográfica.
http://multimedia.laopinioncoruna.es/fotos/a-coruna---metro/encuentro-solar-21266_1.shtml
YouTube. Secuencia de imaxes do Encontro Solar UDC 2014
http://www.youtube.com/watch?v=heIiBOE9aNs
Blog do Departamento de Tecnoloxía do IES Elviña (A Coruña)
http://tecnoblogelvina.blogspot.com.es/
Web Universidade da Coruña
http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/actualidade/encontrosolarii.html
Foro da Delegación de Estudiantes da EUAT de A Coruña
http://euatcoruna.foroactivo.com/t20-ii-encontro-solar-na-udc


Podes atoparnos en:

Twitter: @OMA_UDC 


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib