O próximo mércores 14 de maio, a partir das 11:00h e ata as 17:00 h no aparcamento da Facultade de Socioloxía (campus de Elviña), terá lugar o II Encontro Solar na UDC, organizado pola OMA e ADEGA, e para o que contaremos coa colaboración do C.I.F.P. Someso (http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/es).
O sol é o principal
responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas
diferenzas de temperatura e presión, permite a fotosíntese é dicir, é a orixe
de gran parte das fontes de enerxía: hidráulica, eólica, biomasa, carbón... Nun
ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos. Porén, o uso
desta enerxía solar directa está aínda moi pouco estendido.
O Encontro Solar pretende
ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na
vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades
que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na
eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar
o cambio climático.
PROGRAMA:
Durante toda a xornada de
11h-17h haberá unha exposición de aparellos solares; como
cociñas, fornos solares, e outros. Tamén contaremos con Gastronomía solar, degustación de pratos elaborados con enerxía solar,
sorprenderavos!
12:00 Charla Som Energía COOPERATIVA produtora-comercializadora
Electricidade certificada 100% Renovable
Estructura da charla:
- Breve historia do mercado eléctrico, para encadrarnos na
situación actual e o seu funcionamento.
- Presentación da cooperativa e explicación-comparación das
facturas.
- Consellos de aforro enerxético.
- Rolda aberta de intervencións.
Relator:
Javier Pombo Sánchez. Socio de Som Energía e colaborador do grupo local
Som Enerxía Galiza.
Lugar: por concretar aula da Fac. de Socioloxía.
13:00 Visita guiada por Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de
Mantementos da UDC) a unha instalación fotovoltaica (para a que será necesario
reservar praza no correo oma3dc.es). O punto de encontro será a mesa da OMA (no propio Encontro
Solar, aparcamento da Fac. de Socioloxía).
Esperámosvos!!
Podes atoparnos en:
Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC
Twitter: @OMA_UDC
0 comentarios:
Publicar un comentario