05/05/2014

CRÓNICA: INSPECCIÓN DE PRIMAVERA DO RÍO LAGAR (PROXECTO RÍOS)

bolseirxs OMA-UDC
O día 29 de Abril tivo lugar no río Lagar, no treito situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigacións e a Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña, a inspección de Primavera do Proxecto Ríos, organizada pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Máis información en: www.proxectorios.org


A inspección do río Lagar foi dirixida por Paco Bañobre (ADEGA) e os criterios analizados e os resultados obtidos da inspección foron os seguintes:
A calidade hidromorfolóxica: baséase na observación do bosque de ribeira, da presenza de rápidos ou augas estancas… Este treito caracterízase por ser unha zona cunha forte presión antrópica, pois está no medio do campus rodeado de construcións, e por continuar o seu curso canalizado pasando a zona do campus. A auga flúe durante todo o ano e está totalmente sombreado ao estar rodeado de vexetación. O substrato do fondo do río está composto maioritariamente por areas, limos e arxilas, todos eles sedimentos finos. En canto á calidade físico-química o que se fixo foi medir o pH, neste caso era de 6, a concentración de nitratos (5mg/l), a temperatura da auga (15ºC), o osíxeno disolto (4mg/l) e a transparencia. Todos estes parámetros deron resultados normais tendo en conta as características do río,  da zona na que se atopa e da época do ano, aínda que a temperatura deste é un pouco alta.


A calidade biolóxica constátase a través duns índices de biodiversidade para o que é necesaria unha identificación dos macroinvertebrados presentes no punto de mostraxe. Estas organismos son bioindicadores da calidade da auga, cada familia ten asignada unha calidade dependendo dos seus requirimentos para o seu desenvolvemento e supervivencia. O resultado do índice de macroinvertebrados apunta cara unha calidade moderada do río. Os organismos máis abundantes corresponden aos Gammaridae, unha familia de crustáceos de augas doces. Dentro da familia dos dípteros observamos especies da familia Simuliidae, tricópteros da familia Hydropsychidae, efemerópteros da fam. Baetidae, ademais tamén nos atopamos na mostraxe unha gran cantidade de planarias, moluscos  da familia Hydrobiidae e larvas de odonatos da familia Libellulidae.


Dentro da biodiversidade de flora abondan plantas como o pé de boi ou os ameneiros, no entorno do río. A cobertura das plantas acuáticas no río supera o 50%, mentres que a de musgos, algas filamentosas e algas adheridas ás pedras non supera o 5%.
Para obter todos estes datos vaise cubrindo unha ficha, que por se tedes curiosidade podedes ver en:

Máis fotos da actividade en:

Podes atoparnos en:


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib