12/03/2014

bolseirxs OMA-UDC

Xornada de restauración participativa no Monte da Fraga




Aproveitando a celebración do día da árbore e o día da auga o mércores 19 de marzo organizamos unha actividade para continuar coa restauración do Monte da Fraga. Nesta actuación faremos varias tarefas: acondicionamento e plantación de flora acuática na charca e plantación de árbores.


A xornada terá unha duración de 12.00 h a 17.00h é preciso inscribirse (o número de prazas estará limitado a 25). O obxectivo é dar a coñecer o espazo e recuperar o monte facéndoo noso, que sexa un espazo de lecer e de estudo onde sexamos participes da súa recuperación  cada un/unha de vos pode aportar e seu graíño de área.
No caso de non poder asistir a xornada completa indicade no correo a vosa dispoñibilidade. Se algún/ha de vos ten na casa algunha planta autóctona que queira plantar no Monte da Fraga  tamén o podedes indicar no correo.


Programa da xornada:

12.00h punto de encontro na entrada principal da Facultade de Ciencias. 

As labores a realizar serán:

-          - Abonado con compost da área de compostaxe de filoloxía
-          - Plantación das árbores
     - Traballos de reconstrución das marxes da charca. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.


14.30h Xantar (lembrade traer a comida)
15.30h Continuación das tarefas
17.00h Fin da xornada


.
Será preciso levar o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achegará a ferramenta necesaria.


Lembrade que esta actividade conta para acadar os créditos do ciclo de voluntariado ambiental.

Inscricións no correo: oma3@udc.es

Máis información: 





bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib