15/03/2014

bolseirxs OMA-UDC

CRÓNICA DA REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA POLA EIM ARELA


Sonia García Castro, Coordinadora Voz Natura na EIM Arela.

Esta primeira plantación foi resultado dunha colaboración entre a Escola Infantil Municipal (EIM) Arela  e a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. Realizada o 15 de marzo, a actividade enmarcouse dentro do Proxecto Voz Natura que levan a cabo na EIM Arela.
  

Para a repooboación Arela plantou tres especies: loureiro común, loureiro real e acivro. Na actividade participaron unha ducia de familias da Escola Infantil Municipal Arela (tanto alumnos da escola como irmáns máis maiores). Os pequenos gozaron moito da plantación e o día soleado tamén foi moi propicio para poder realizala. 


O obxectivo desta actividade, así como do resto das que desenvolven dende a escola dentro do Proxecto Voz Natura é familiarizar ós máis pequenos coa educación ambiental e concienciar tamén ás familias na importancia de desenvolver hábitos de coidado e conservación do medio ambiente xa na primeira infancia. Outras actividades nas que tamén implican ás familias están relacionadas coa reciclaxe e a separación do lixo.











Máis información en:  http://blogs.voznatura.es/eiarela/

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib