12/12/2013

Programa da IV Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal

bolseirxs OMA-UDC

12 de decembro, de 11.00 a 19.00h, celébrase a IV Feira de Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a chegada do Nadal para achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente: Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo de artesanía. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Dito día poderédesnos acompañar en diversas actividades. Entre elas atoparedes traballos de artesanía, obradoiros referentes ao Nadal e tamén o comercio xusto, entre outros.
Por outra banda, temos oportunidade de facer unha recollida de alimentos e xoguetes que serán levados á Cociña Económica, a cal participa en dito evento. Parécenos algo moi importante debido ás carencias polas que está a pasar a gran maioría da sociedade nestes momentos. Do mesmo xeito tamén se realizará a recollida de móbiles en colaboración co Instituto Jane Goodall. Ofrecerase un chocolate quente como agradecemento á vosa participación.
Poderedes trocar obxectos que non precisedes no mercadiño de troco e disfrutar na compaña dos vosos amigos nunha feira cargada de sorpresas e ambiente de Nadal e, porque non, ecolóxico.
Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña no campus de Elviña, comezará ás 11:00 da mañá, rematando ás 19:00 da tarde.








Programa:

11.00 h Apertura da IV Feira de Nadal
11.15 h Inauguración da IV Feira de Nadal
11.30 h Colocación Caixas-Niño
13.00 h Obradoiro: Adornos de Nadal
16.00 h Obradoiro: Tuneado de roupa: Precicla
17.30 h Obradoiro: Origami
19:00 h Peche da feira

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib