18/12/2013

bolseirxs OMA-UDC

Crónica Flora Exótica Invasora



O pasado día 11 de decembro realizouse outra das actividades da OMA, a eliminación da flora exótica invasora. Comezou ás 11:00h da mañá cunha charla introdutoria dada pola bióloga Lucía Parente da asociación ecoloxista ADEGA xunto coa participación do seu compañeiro Paco Bañobre, explicando brevemente a importancia da biodiversidade e as súas posibles causas de desaparición entre elas a repercusión da introdución de fauna e flora alóctonas.
Posteriormente á charla, convidouse aos asistentes ao Monte da Fraga para a realización da parte práctica de eliminación de flora exótica invasora, a cal durou ata a 13:20h coa satisfacción e duro traballo de todos.





Toda esta actividade práctica fíxose grazas a axuda de ferramentas  de xardinería (traídas por ADEGA), repartíronse entre todo os asistentes e titores para eliminar a flora alóctona alí presente (como esbozos de Eucaliptos, Herba da Pampa e Budleja davidii) o que levou moito tempo debido á profundidade, grosor, a pedras e á forza empregada por todos. Formáronse grupos de dous para intentar facilitar a eliminación á vez que se quería abarcar máis terreo (o cal se sitúa no lateral da Facultade de Ciencias moi próximo ás obras da terceira rolda; e que ten visibilidade da gran costa que separa os dous campus).
Cabe destacar, que os camiños que separan as distintas zonas do monte da Fraga permitiron un mellor acceso á extracción e eliminación da flora. Estes camiños son moi importantes, pois todos os anos as bolseiras e bolseiros, xunto coa coordinación dun titor/a, son limpados para evitar o crecemento de malas herbas, flora invasora e controlar o crecemento das plantacións (dadas en diversas parcelas numeradas) de árbores autóctonas dos bosques Galegos. Cuxo obxectivo é o que se pretende dar con esta actividade, coñecer as especies alóctonas e autóctonas e saber como actuar.
A limpeza dos camiños é levada a cabo pola empresa de xardinería contratada pola UDC, e baixo a supervisión das bolseiras para non excederse dos terreos plantados coas árbores. No próximo ano (que xa está vindeiro) temos previsto realizar de novo unha actividade de recuperación  no Monte da Fraga que se desenvolverá na primavera.





Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib