02/12/2013

bolseirxs OMA-UDC

IV FEIRA DE SUSTENTABILIDADE NA UDC

O 12 de decembro, de 11.00 a 19.00h,  IV Feira de Sustentabilidade na UDC: artesanía, obradoiros, comercio xusto, recollida de alimentos e xoguetes, reciclaxe e moito máis!

Xoves, 28 de novembro de 2013
Desde a OMA queremos aproveitar a chegada do Nadal para convidarvos a participar nesta feira coa que se pretende enviar unha mensaxe de consumo responsable, colaboración e participación na comunidade universitaria.
O vindeiro 12 de decembro poderédesnos acompañar en diversas actividades. Entre elas atoparedes traballos de artesanía, obradoiros referentes ao Nadal e tamén o comercio xusto, entre outros.
Por outra banda, temos oportunidade de facer unha recollida de alimentos e xoguetes que serán levados á Cociña Económica, a cal participa en dito evento. Parécenos algo moi importante debido ás carencias polas que está a pasar a gran maioría da sociedade nestes momentos. Do mesmo xeito tamén se realizará a recollida de móbiles en colaboración co Instituto Jane Goodall. Ofrecerase un chocolate quente como agradecemento á vosa participación.
Poderedes trocar obxectos que non precisedes no mercadiño de troco e disfrutar na compaña dos vosos amigos nunha feira cargada de sorpresas e ambiente de Nadal e, porque non, ecolóxico.
Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña no campus de Elviña, comezará ás 11:00 da mañá, rematando ás 19:00 da tarde.






Mais información:

Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib