21/11/2013

Obradoiro de construción de Caixas–Niño

bolseirxs OMA-UDC


A Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza un Obradoiro de construción de Caixas–Niño.

Continuando coa súa programación, dentro do Outono Ambiental na UDC, as bolseiras da OMA – UDC propoñen a realización desta actividade o martes 26 de novembro de 2013.

A Coruña, 21 de novembro de 2013.
            Esta actividade de construción de caixas niño para aves é unha continuación da realizada a primavera pasada onde se construíron caixas para morcegos. A intención é dar a coñecer a biodiversidade de pequenas aves que poden vivir no campus da UDC e facilitarlles un refuxio para criar ou pasar o inverno.
            Haberá unha conferencia sobre as aves e a continuación pasarase á parte práctica do obradoiro. A caixas construídas colocaranse en distintos lugares do campus, para que sexan usadas polas aves e nos permitiran facer un seguimento do seu uso.
           


Programa da xornada:
A actividade comeza ás 10:30h cunha charla informativa a cargo de Ramsés Pérez (ADEGA). Unha vez rematada a conferencia, comezará o obradoiro de construción de caixas niño. A actividade rematará ás 14:00h.
Lugar de realización:
Terá lugar no Taller de Maquetas, no Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC.
                As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse no seguinte correo:
Correo-e: oma3@udc.es

Mais información en:

 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib