22/11/2013

bolseirxs OMA-UDC

CRÓNICA. MONTE DA FRAGA   


Actividade realizada o 20 de Novembro de 2013. Outono Ambiental 2013



Reforestación:


Reunidos os participantes na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias, realizouse unha breve charla explicativa da actividade proposta para ese día; as bolseiras presentaron ó titor da bolsa (OMA) Manuel Soto, a Elvira Sahuquillo (responsable da área de Biodiversidade e Conservación) e a Paco Bañobre (representante de ADEGA que colabora coordinando a bolsa).
Posteriormente, efectuouse unha saída ó Monte da Fraga para que os asistentes coñecesen o monte e o seu estado actual. Toda a explicación foi detallada por Elvira, que os levou polos diversos camiños que separan as áreas de plantación do monte, nas cales se atopan reforestadas (de anos anteriores) árbores que representan o Bosque Galego de baixas e altas latitudes, intentando con isto buscar un equilibrio entre ese bosque e a matogueira.
Comentóuselles aos asistentes o fin das actividades sobre o Monte da Fraga, que son promover a reforestación de máis árbores autóctonas, manter limpos os camiños e sendeiros que separan as diferentes áreas, modificación da charca construída, eliminación da flora exótica invasora que é prexudicial para o bosque, control das matogueiras (dado que estes fan sombra e provocan a morte das árbores e arbustos do seu arredor) e eliminación dos eucaliptos.
Por último, houbo unha conferencia a cargo de Xosé Santos (representante do comité en Defensa do Monte Galego), sobre “Cómo iniciar unha reforestación participativa. Actuacións en caso de incendio”.
Cabe destacar que os asistentes realizaron diversas preguntas e participaron de forma cómoda e activa con Elvira.



Máis información en:

- Correo: oma3@udc.es
- Facebook: Páxina da “Oficina de Medio Ambiente UDC” https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib