15/11/2013

Como facer unha resforestación participativa? Actuación práctica no Monte da Fraga o mércores 20 de novembro.

bolseirxs OMA-UDC
Como nova actividade de voluntariado ambiental, a Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC) vai iniciar unha reforestación participativa no monte da Fraga (A Zapateira, espazo situado entre a Facultade de Ciencias e a de Filoloxia). Este proxecto pretende fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de accións ligadas á conservación da biodiversidade, a restauración e a mellora do espazo público no Campus universitario. 

Ao longo do tempo , a OMA-UDC proponse transformar o eucaliptal do Monte da Fraga nunha fraga autóctona facendo deste lugar lugar un sitio respectuoso co medio. Nesta nova fase, buscamos que vos participedes nesta transformación dun xeito activo. 

Para iniciar esta actividade de participación o primeiro que faremos será unha visita guiada ao Monte da Fraga, na que faremos unha diagnose do territorio e coñeceremos as súas problemáticas e fortalezas, así como as actuacións xa levadas a cabo e os proxectos en elaboración. 

Posteriormente contaremos con Xosé Santos, representante do Comité en Defensa do Monte Galego, quen nos explicará os métodos para iniciar unha reforestación participativa e tamén como actuar en caso de incendio. Achegámonos así a unha problemática máis xeral e urxente nos montes galegos hoxe en día. 

E por último con todas as persoas e colectivos participantes trataremos de facer un calendario de futuras actuacións para reforestar o noso monte da Fraga. 




HORARIO:

Mércores 20 de novembro
16:30h: Cita no Salón de actos da Facultade de Ciencias
16:45:h: Saída para visita ao Monte da Fraga
18:00h: Conferencia “Como iniciar unha reforestación participativa. Actuacións en caso de incendio”
Colabora: Xosé Santos, representante do Comité en Defensa do Monte Galego 

PRAZAS LIMITADAS! 

Inscríbete no Correo-e: oma3@udc.es
 
Mais información en:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib